Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no polígono de San Paio de Navia en Vigo.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan, propiedade do IGVS para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas declaradas protexidas e vivendas de protección oficial de réxime xeral.

Polígono de San Paio de Navia:

ParcelaValoración

(euros)

IVE (16%)

(euros)

Total (euros)

P-III4.505.323,66720.851,795.226.175,45

P-IV4.409.359,29705.497,495.114.856,78

P-XVIII4.505.323,66720.851,795.226.175,45

P-XVI4.471.903,30715.504,535.187.407,83

P-XV2.843.473,91454.955,833.298.429,74

P-XIII2.843.473,91454.955,833.298.429,74

P-XII3.474.338,60555.894,184.030.232,78

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo sito no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, na Delegación Provincial do IGVS en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7 e no Concello de Vigo sito na praza do Rei, s/n, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles agás o sábado.

Garantías: para a presentación de proposicións esixirase aval bancario por importe equivalente ó 5% do prezo da parcela (IVE incluído).

Destinatarios: a esta convocatoria poderán concorre-las seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

a) As persoas físicas e/ou xurídicas que teñan por finalidade a promoción de vivendas e desenvolvesen a súa actividade nese campo como mínimo 1 ano.

b) As cooperativas de vivendas que, conforme a lexislación vixente, estean validamente constituídas e inscritas ou que se constitúan e inscriban para o efecto e estean facultadas para ser promotoras de vivendas.

c) As demais entidades de finalidade e carácter social, sen ánimo de lucro, que teñan entre os seus propios obxectivos o de promover e proporciona-los seus membros vivendas sometidas a algún réxime de protección oficial, sempre que se constituísen ou se constitúan para o efecto, segundo a respectiva lexislación vixente pola que se rixan.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial do IGVS en Pontevedra, sito na rúa Alcalde Hevia, nº 7, en días e horas hábiles, agás os sábados.

O prazo de admisión das proposicións rematará o día 21 de maio de 2002.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación que se reunirá na Delegación Provincial do IGVS en Pontevedra ás 11 horas do día 29 de maio de 2002.

O Tribunal Técnico constituirase ás 11 horas do día 5 de xuño de 2002, no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sétima do prego de bases.

A adxudicación provisional das parcelas farase pública no prazo máximo de dous meses contados desde a data de admisión das proposicións.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula sexta do prego de bases.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo