Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración, montaxe e mantemento de estacións de medición.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: subministración, montaxe e mantemento de estacións de medición mediante subministracións sucesivas.

2.2. Prazo de execución: un ano a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: douscentos catorce mil euros (214.000 A), IVE incluído, dividido en tres lotes

Lote 1 subministración e montaxe das torres: cento trinta e dous mil cincocentos euros (132.500 A), IVE incluído.

Lote 2 subministración de sensores e equipos rexistradores: cincuenta e nove mil cincocentos euros (59.500 A), IVE incluído.

Lote 3 mantemento: vintedous mil euros (22.000 A) / Cincocentos euros (500) por actuación, IVE incluído.

5. Fianza provisional:

Non se require.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no Instituto Enerxético de Galicia, sito en Santiago de Compostela, rúa Ourense nº 6 (A Rosaleda), así como na páxina web do INEGA: www.inega.es.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 15 14.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral do Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: Rúa Ourense nº 6.

c) Localidade e códg. postal: Santiago de Compostela 15701.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: Rúa Ourense nº 6-A Rosaleda.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia