Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.228

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (376/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 376/2001 por instancia de Marcos Segade Muíño contra a empresa Sportif Centro de Salud, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 31-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Marcos Segade Muíño contra Sportif Centro de Salud, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento da cantidade de 760.806 pesetas (4.572,54 euros) en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que o día de hoxe ascenden á suma de 3.877.449 pesetas (23.303,94 euros).

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante desde xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Sportif Centro de Salud, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 14 de marzo de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado