Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.228

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (113/1998).

Juan Rey Pita secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certificaoque neste xulgado se seguen autos nº 113/1998 por instancia de Manuel Roel Taboada contra o INSS e outras sobre accidente/enfer., nos que recaeu sentencia en data 19-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Manuel Roel Taboada, o declaro na situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual derivada de accidente de traballo, con dereito á prestación correspondente derivada dunha base reguladora de 75,10 euros, da que resultan responsables Mutual Cyclops pola cantidade de 39,73 euros, e a empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. e a empresa Coedo, S.A., pola diferencia ata a totalidade da base reguladora recoñecida, sen prexuízo do aboamento da totalidade da prestación pola mutua condenada, podendo resarcirse das dúas codemandadas, e sen prexuízo igualmente da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesourería Xeral da Seguridade Social, se é o caso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra el cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo

de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esa miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coedo, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, 15 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado