Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.227

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (348/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

Nos autos seguidos perante este xulgado do Social tramitados baixo o número 348/2001 contra a empresa Gallega de Iluminación y Luces Especiales, S.L. (Galilux) e Luzestella Coruña, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na Coruña, 18 de marzo de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 348/2001, seguidos por instancia de José Taboada Añón, maior de idade, asistido pola letrada Yara Ferrero Lagares, contra as empresas Gallega de Iluminación y Luces Especiales, S.L. (Galilux) e Luzestella Coruña, S.L., que non compareceron nos autos e coa intervención do Fogasa, reprsentado e asistido polo letrada Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación, salarios. Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo demandante interposta polo demandante José Taboada Añón contra a empresa Gallega de Iluminación y Luces Especiales, S.L., coa interven

ción de Fosada, debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ó demandante a cantidade de 9.384,20 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda, absolvendo a empresa Luzestella Coruña, S.L..

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, en no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 56, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgango en primeira instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ás empresas Gallega de Iluminación y Luces Especiales, S.L. (Galilux) e Luzestella Coruña, S.L., que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicacióin no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 18 de marzo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado