Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de abril de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial industrial en desenvolvemento do sector 1 do solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santa Comba, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e redactado polo arquitecto Jacobo R. Losada Allende.

O dito plan parcial queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do seguinte anuncio no Diario Oficial de Galicia ou xornal dos de maior

circulación da provincia (artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia). Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Santa Comba, 11 de abril de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde