Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da alcaldía nº 1564/2002, do 22 de marzo, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, das parcelas A-6.6, A-6.7, A-8.8 engadidas no ámbito do Sunp B-21-R, Plan parcial Icaria II, en Montrove-Liáns-Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na secretaría xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 22 de marzo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa