Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-439).

Por resolución desta alcaldía nº 1459/2002, do 14 de marzo de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle do cuarteirón M-10, do polígono I do Plan parcial As Galeras en Bastiagueiro-Liáns, tramitado por Fadesa Inmobiliaria, S.A.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 18 de marzo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa