Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal laboral, que a continuación se relacionan, para prover polo sistema de concurso-oposición, vacantes na relación de postos de traballo para 2001 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo número 72, do 30 de marzo de 2002, publícase a convocatoria, así como as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral que a continuación se relacionan, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2001, para prover polo sistema de concurso-oposición.

Nº de prazasDenominaciónGrupo

3ATSB

1Auxiliar de enfermeríaD

1Encargado/a Pazo de TorE

1Celador/aE

2Coidador/aE

1GardabosquesE

4Obreiro/aE

Presentación de instancias: serán dirixidas ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais, que se facilitará no rexistro xeral desta deputación Provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 2 de abril de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo