Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (135/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 135/2002, que se segue neste xulgado por furto, no que son partes, como denunciante, Jesús Queijeiro García e, como denunciado, Fernando José Teixeira Pereira, se acordou citar a Fernando José Teixeira Pereira, en calidade de denunciado, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 17 de abril, ás 9.50 horas, co apercibimento de que, se non comparece sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Fernando José Teixeira Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 14 de marzo de 2002.

O secretario

Rubricado