Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (440/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 440/2001, que se segue neste xulgado por coaccións, no que foron partes, como denunciante Abel Rodríguez Carabel e, como denunciado, Manuel Cotelo Lista, se acordou citar a Abel Rodríguez Carabel, en calidade de denunciante, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 10 de abril, ás 11.40 horas, para a celebración do xuízo de faltas sinalado, baixo apercibimento de que, se non comparece sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Abel Rodríguez Carabel, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 8 de marzo de 2002.

O secretario

Rubricado