Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (José Vázquez Sánchez e Isabel Quintas Carnero).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de afección de bens pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor: José Vázquez Sánchez.

NIF/CIF: 34913391-N.

Importe: 357,66 A.

Zona de recadación: A Coruña.

Debedor: Isabel Quintas Carnero.

NIF/CIF: 34605297-A.

Importe: 357,66 A.

Zona de recadación: A Coruña.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA