Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.132

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo do 2002 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo), correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 21 de marzo do 2002, o tribunal I-B, designado pola Orde do 10 de decembro do 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo), correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por Orde do 30 de xullo de 2001, acordou de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase oposición se realizará o día 27 de abril do 2002, nas aulas B e C da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, sitas no Campus Universitario Norte de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, e as portas do lugar de acceso para a súa realización abriranse ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Jesús García Porto

Presidente do tribunal I-8