Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.132

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza e outros), correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 4 de abril de 2002, o tribunal V-B designado pola Orde do 4 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza e outros), correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio da fase de oposición para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 3 (ordenanza e outros)

do grupo V se realizará o día 10 de maio de 2002 ás 18.30 horas no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.30 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (a xuízo do tribunal), así como de lápis nº 2 e goma de borrar (base II.2.3.).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

Ramón del Valle López

Presidente do tribunal V-B