Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002 pola que se convocan unhas Xornadas sobre convenios urbanísticos.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 2002 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente, unhas Xornadas sobre convenios urbanísticos, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Para moitos, das tres clásicas áreas de división do urbanismo, planeamento, disciplina e xestión, é esta última a que encerra a parte realmente práctica pois sen xestión non hai posibilidade de materializar actos concretos. Pois ben, de entre tódolos instrumentos con que conta o urbanista á hora de poñer en marcha os seus plans, destaca singularmente a figura dos convenios, verdadeira lei interpartes que contribúe a axiliza-la tramitación e poder obter resultados de maneira o máis inmediata posible dentro dunhas marxes de manobra razoables.

As presentes xornadas analizan a figura do convenio no seu máis amplo sentido, con referencia concreta á súa regulamentación na lexislación autónoma

e ó seu tratamento no conxunto das disposicións urbanísticas aplicables. É sen dúbida unha importante oportunidade para coñece-lo modus operandi, cómo debe actuarse e a aplicabilidade a determinadas actuacións urbanísticas.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Concepto e natureza xurídica dos convenios urbanísticos cos particulares. Procedemento de elaboración e aprobación.

-Réxime xurídico dos convenios urbanísticos, con especial referencia ós seus límites e responsabilidade da Administración pública polo seu incumprimento. Análise da lexislación urbanística autonómica, con especial referencia á Lei 1/1997, de Galicia.

-Os convenios urbanísticos na xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Análise pormenorizada dos convenios urbanísticos no ámbito do planeamento. Análise dun suposto práctico.

-Análise pormenorizada dos convenios de xestión urbanística. Análise dun suposto práctico.

-Expropiación e convenios urbanísticos. Análise dun suposto práctico.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (sito na Ronda da Muralla, s/n, da citada cidade), os días 7 e 8 de maio de 2002.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, día 3 de maio de 2002.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 6 de maio, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA