Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa Stolt Sea Farm, S.A., e, da parte social polo comité de empresa o día 6-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

En Lira (Carnota), sendo ás 10 h do día 6 de febreiro de 2002, co obxecto de realiza-la revisión salarial das táboas salariais para o ano 2002 de acor

do co convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A., reúnense as seguintes persoas:

Pola parte social: Juan M. Saborido Rama, Leopoldo Fernández Lariño, Víctor L. Pena Caamaño.

Pola parte empresarial: Pablo García Rodríguez.

Ámbalas partes se recoñécense mutuamente capacidade legal para revisa-las táboas salariais do convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A.

Confecciónanse as novas táboas salariais para o ano 2002, aplicando o criterio establecido no artigo 30 do convenio, as cales se xuntan como anexo I a esta acta, así como o calendario laboral para a 2002 como anexo II.

Así mesmo, acórdase autorizar a Juan M. Saborido Rama, para a presentación e rexistro das táboas salariais.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión no lugar e data arriba sinalados, asinando a presente acta en proba de conformidade con ela.

ANEXO I

Táboa salarial 2002 Stolt Sea Farm, S.A.

Categoría

Salario bruto

anual

Salario base

mensual

(15 pagas)

Valor hora

extra

Compl.

asistencia

ptas./mes

* Producción

Subalternos9.586,32639,099,4042,87

Oficial 3ª10.441,45696,1010,24(x12 meses)

Oficial 2ª11.177,33745,1610,96

Oficial 1ª11.933,08795,5411,71

Encargado 2ª12.231,47815,4312,00

Encargado 1ª14.528,61968,5714,25

Vixilante14.536,14969,0814,26

Técnico18.376,031.225,0718,03

Técnico superior30.658,072.043,8730,07

* Administración

Auxiliares9.586,32639,099,40

Oficial 3ª10.938,62729,2410,73

Oficial 2ª12.231,48815,4312,00

Oficial 1ª13.922,01928,1313,66

Técnico superior24.468,671.631,2424,00

Gardas de sábados, domingos e festivos 36,61 Compl. dispoñibilidade9,82
Garda permanente108,79

ANEXO II

Calendario laboral 2002 Stolt Sea Farm, S.A.

Mes

Festivos

Vacacións

Días totais

traballo ano

Horas totais

traballo ano

Horas traballo ano

segundo convenio

Diferencia horas

anuais horas convenio

Xaneiro1

Febreiro

Marzo19, 28, 29

Abril

Maio1, 17

Xuño30 días naturais227 días1.816 horas1.784 horas+32 horas

Xullo25

Agosto15

Setembro

Outubro12

Novembro1

Decembro6, 25

+2 festivos locais