Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A., que se suscribiu coa data do 1 de febreiro de 2002, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de ámbito interprovincial da

empresa Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A.

Preámbulo

Determinación das partes que o concertan

Este convenio colectivo concértano as partes que a seguir se expresan:

Por unha banda, en representación da empresa:

Amado Nieto Gómez.

María Pillado Mosquera.

Fulgencio Represa Lloves.

E por outra, en representación dos traballadores e como membros do comité intercentros as seguintes persoas:

Juan José Alonso Rouco.

Luis Manuel Álvarez Lamas.

María Soledad Benayas Cardesín.

Amador Durán Núñez.

Abilio Jesús Oliveira Fernández.

María del Carmen Pan Lojo.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións laborais entre Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A. e o persoal ó seu servicio.

A súa natureza é contractual e, por tanto, xera obrigas para ámbalas partes.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo será de aplicación ó persoal de Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A., é dicir, a aquel que con carácter de permanencia presta os seus servicios de natureza xurídico-laboral.

Queda excluído o seguinte persoal: director xeral, director, xefe de departamento e/ou a categoría laboral de xefe de servicio.

O persoal que preste os seus servicios con carácter eventual, interino, a prazo fixo, por obra ou servicio determinado, de carácter descontinuo ou que estea suxeito a calquera modalidade contractual que non confira o carácter de permanencia mencionado anteriormente e que, polas súas especiais características de servicio, difire do resto do persoal, rexerase ademais de polas cláusulas do presente convenio, con excepción dos artigos 11, 36, 37, 38, 42, 43 e anexo 1, polas estipulacións particulares establecidas no seu contrato individual de traballo e demais lexislación ó respecto vixente.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O convenio rexerá en tódalas zonas ou centros de traballo que actualmente ten establecidos Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A. radicados nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como naqueloutros que se poidan crear no futuro.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no boletín oficial correspondente, retrotraéndose nos seus efectos económicos ó día 1 de xaneiro de 2001, salvo aquelas disposicións en que expresamente se estableza o contrario.

A duración do presente convenio será de catro anos, computándose desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro do ano 2004, quedando prorrogado tacitamente por sucesivos períodos dun ano, a non ser que sexa obxecto de denuncia expresa por unha das partes, formulada cunha antelación mínima de tres meses á data de conclusión da súa vixencia.

Artigo 5º.-Prelación de normas.

As normas contidas no presente convenio regulan as relacións entre a empresa e o seu persoal con carácter preferente e prioritario a outras disposicións de carácter xeral, incluso naquelas materias en que as súas estipulacións difiran das normas que regulan

as actividades específicas da empresa; as súas derivacións e consecuencias estímanse compensadas co conxunto das melloras e condicións do presente convenio en cómputo global anual.

Con carácter supletorio, e no non previsto nel, será de aplicación a lexislación laboral vixente en cada momento e demais disposicións de carácter xeral.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral, en uso das facultades previstas polo punto 5º do artigo 90 do Estatuto dos traballadores, se dirixise de oficio á xurisdicción laboral co obxecto de proceder á modificación de calquera dos pactos contidos no presente convenio, este quedará sen eficacia práctica, debendo ser reconsiderado o contido na súa totalidade, salvo acordo expreso en contrario de ámbalas partes a teor das medidas adoptadas en cada caso concreto pola xurisdicción competente na súa función de control de legalidade que ten recoñecida pola lei.

Artigo 7º.-Absorción.

Tendo en conta a natureza deste convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgún dos conceptos retributivos unicamente terán eficacia práctica se consideradas en cómputo anual e sumadas ás vixentes, con anterioridade ás ditas disposicións, superen o nivel total deste convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras que aquí se conveñen.

Artigo 8º.-Compensación.

As condicións pactadas neste convenio son compensables en cómputo anual coas que anteriormente rexesen por mellora pactada ou unilateralmente concedidas pola empresa, imperativo legal, convenios de calquera tipo ou pactos de calquera clase. Por tanto os traballadores que á entrada en vigor deste convenio teñan condicións económicas, laborais ou de calquera índole superiores ás aquí recollidas, en conxunto e en cómputo anual, continuarán no desfrute delas.

Sen prexuízo do establecido neste e no anterior artigo 7º, exceptúanse da compensación en conxunto e en cómputo anual as melloras recoñecidas individualmente na data do asinamento do convenio colectivo para o período 1989-1990, en materia de prestacións complementarias da Seguridade Social, as cales terán a consideración de condición máis beneficiosa de carácter individual, excluída de absorción e compensación.

Artigo 9º.-Comisión mixta de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta como órgano de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do convenio, composta por catro membros en representación dos traballadores e o mesmo número de representantes da empresa, todos eles vocais elixidos por cada parte entre os que integraron as repre

sentacións da comisión negociadora do convenio, que se forma polas seguintes persoas:

-Por parte da empresa:

Amado Nieto Gómez.

María Pillado Mosquera.

Fulgencio Represa Lloves.

Ramón Codesido Romero.

-Por parte dos traballadores:

Juan José Alonso Rouco.

Luis Manuel Álvarez Lamas.

María Soledad Benayas Cardesín.

Amador Durán Núñez.

A comisión reunirase cando sexa necesario e por petición de calquera das partes, procurándose na medida do posible non supera-lo máximo de catro veces ó ano sempre que non existan asuntos urxentes que tratar.

Os compoñentes da comisión serán convocados cunha antelación mínima de tres días, debendo presentar por escrito antes da finalización do citado prazo as propostas dos asuntos que se vaian tratar. Na reunión para o obxecto convocada serán discutidas as propostas formuladas.

Os acordos da comisión requirirán para a súa validez a conformidade da maioría simple dos vocais. En caso de non haber acordo levantarase acta que reflicta as diferentes posturas, remitíndose copia dela á autoridade laboral competente para que emita a correspondente resolución.

As funcións da comisión mixta serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación de tódalas cláusulas do convenio.

b) Arbitraxe en tódalas cuestións que as partes sometan á súa consideración e que se deriven da aplicación do convenio.

c) Vixilancia do cumprimento do pactado.

d) Estado da evolución das relacións entre as partes contratantes.

e) Velar pola reducción do absentismo laboral.

f) Cantas outras actividades tendan á mellor eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

g) Estudio e posterior desenvolvemento dalgunhas categorías profesionais co fin de adecua-la súa denominación á realidade vixente.

h) Introduci-las funcións de cada posto de traballo, en substitución da ordenanza laboral.

Para tódolos efectos fíxase o domicilio da comisión no da empresa (rúa Alfredo Vicenti, 15, A Coruña).

Artigo 10º.-Mediación e arbitraxe.

Ante a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos colectivos laborais, as partes asinantes do presente convenio acordan adherirse ás disposicións contidas no AGA (Acordo Interpro

fesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo), con ámbito territorial na Comunidade Autónoma de Galicia. No suposto de que non existise tal acordo ou o ámbito da empresa se estendese máis alá da dita comunidade, entón a adhesión sería ó ASEC (Acordo sobre Solución Extraxudicial de Conflictos Laborais) con ámbito en todo o territorio español.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 11º.-Xornada e horario laboral.

A xornada de traballo, en calquera das súas modalidades, computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no seu posto de traballo.

A cobertura do servicio público que presta Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A., con funcionamento ininterrompido das explotacións durante as vintecatro horas de tódolos días do ano, fai indispensable, na práctica, a variabilidade do horario de traballo do persoal de explotación, pola imposibilidade de programa-lo traballo en forma rigorosamente metódica e previamente coñecida por canto as afluencias de tráfico en días e horas determinados están suxeitas a variacións moi sensibles nas que inflúen múltiples circunstancias.

En consecuencia, establécese o réxime de traballo a quendas de ciclos rotativos, con absoluto respecto á lexislación laboral vixente, en canto a descansos mínimos.

A empresa poderá, naqueles momentos de necesidade requirida polo servicio, altera-la orde rotativa das quendas ou establece-la modalidade de xornada partida. O cambio da modalidade da xornada partida considerada como esencial axustarase á orde e criterios seguintes:

1. Persoal voluntario, de forma rotativa.

2. Persoal eventual, se o houber.

3. Persoal restante, se faltan os anteriores, tamén de forma rotativa.

Ó persoal que realice xornada partida, prevista nos puntos 1º e 3º, seralle compensado o importe da quilometraxe dos dous desprazamentos adicionais que se realicen ó centro de traballo, computándose como tempo necesario a razón de 30 minutos diarios a súa xornada de traballo e adaptándose o seu horario ás puntas de traballo.

Na elaboración do cadro anual de quendas e ciclos de traballo procurarase, sempre que sexa posible, o reparto rotatorio das festas semanais e anuais, publicándose antes do 1º de xaneiro de cada ano.

Sempre que non se altere o funcionamento ininterrompido das explotacións nin se cause prexuízo ningún á sociedade nin a terceiros este persoal poderá realizar, logo de autorización da empresa, cambios de quendas e días e ciclos de vacacións entre si; para este fin será solicitado por escrito con dous

días de antelación no primeiro caso e con quince días de antelación para o suposto do cambio de vacacións ó departamento correspondente, e ó persoal en todo caso.

Cando o empregado ocupe un posto de traballo no que, ó termo da súa xornada, teña que ser relevado, non poderá dala por concluída ata a chegada do correspondente relevo, ou ata que sexa substituído, retribuíndose como horas extraordinarias o exceso de xornada, que non poderá ser superior a dúas horas que se contarán a partir do momento do aviso ó responsable en cada caso.

Tendo en conta que a duración da xornada semanal que rexe nos distintos centros de traballo da empresa non garda uniformidade durante todo o ano, as partes asinantes acordan por razóns obxectivas que o cómputo e control se realice en termos de medias anuais respectándose en todo caso a xornada máxima anual que resulta da aplicación do anexo I, respectándose en todo caso os períodos de descanso diario e semanal.

O tempo de descanso para o persoal que realice xornada continuada, que ten carácter de tempo efectivo de traballo entre vinte e trinta minutos en tódalas estacións de peaxe, excepto naquelas en que se encontre de servicio un só cobrador por quenda, neste caso, e para non interrompe-la atención ó usuario, levarase a efecto en cabina -, mantense nos mesmos termos e condicións que viñeron rexendo ata o día da data, sen que iso signifique unha alteración da práctica habitual, tal e como se vén utilizando o dito descanso e que se concreta en que só se leva a cabo fóra do posto de traballo nas estacións de peaxe na xornada diurna.

Na explotación introduciranse novos horarios e ciclos que permitan a súa adecuación á demanda dos tráficos existentes, cubrindo xornadas continuadas ou partidas, fins de semana, días especiais, etc. Para estes efectos, establécese unha flexibilidade de máis ou menos tres horas, sen fixala de antemán. Estes novos horarios serán aplicables ó persoal de explotación que cause alta na empresa con posterioridade ó 26 de novembro de 1997.

Ó persoal de explotación non suxeito a quendas e ó de oficinas fixánselle-los seus horarios na forma prevista no anexo 1, establecéndose a xornada de verán durante o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. Se como consecuencia do horario de verán houbese que establecer un período de descanso por xornada diaria continuada, o dito período sería por conta do traballador e non se consideraría como tempo de traballo efectivo. Nas oficinas centrais implantaranse uns servicios de retén, polo menos dun empregado por negociado en horario de tarde durante a primeira quincena de xuño e a última de setembro, reducíndose o horario de mañá na mesma proporción en que se incrementa o de tarde, de maneira que se manteña o mesmo número de horas.

O anexo 1 desenvolve a xornada, os horarios e ciclos de traballo nos distintos servicios e centros de traballo da empresa, así como as modalidades de horario de traballo a quendas de ciclos rotativos, horario continuado e horario partido.

Artigo 12º.-Descansos e festas.

Todo o persoal terá dereito a descansa-lo total das festas anuais, nacionais, autonómicas ou locais, establecidas no calendario laboral fixado pola autoridade laboral, sendo publicadas pola empresa a principios de cada ano en tódolos centros de traballo, ou, nos supostos de modificación, xunto do informe dos representantes dos traballadores que se emitirá no prazo improrrogable de trinta días naturais computados a partir do día en que para iso fosen requiridos pola empresa.

O día 10 de xullo de cada ano, festividade de San Cristovo, será considerado como día non laborable para efectos de descanso e cómputo de horas anuais para o persoal que nesa data lle corresponda traballar, non compuntándose para efectos da percepción do complemento festivo previsto no artigo 31º.

Ó persoal de explotación suxeito a quendas que traballe as noites dos días 24 e 31 de decembro, seranlle compensadas cun día libre. Para este respecto, acórdase a negociación con xestión de peaxe en canto á forma de facer estas quendas os cobradores de peaxe.

Non obstante, tendo en conta a condición de servicio público que presta a empresa e o funcionamento ininterrompido da explotación durante as vintecatro horas de tódolos días do ano, quedan exceptuados do descanso en sábados, domingos e festivos, de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores que están destinados en servicios directamente relacionados coa explotación, se ben desfrutarán dos descansos segundo o ciclo que lles corresponda.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal terá dereito a un período de vacacións anuais retribuídas -entendéndose como tal remuneración os conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade-, non substituíble por compensación económica, de trinta días naturais que, por regra xeral, se desfrutarán ininterrompidamente, se ben, por necesidades do servicio ou conveniencia do traballador e a empresa, poderán dividirse en dous períodos como máximo.

Cando o período vacacional dos cobradores de peaxe sexa dividido en dúas partes, o que se comprenda entre o 16 de xuño e o 15 de setembro poderá ser desfrutado polos traballadores seguindo o sistema rotativo que ata a data se viña facendo.

Confeccionarase o calendario anual de vacacións antes do 1º de xaneiro de cada ano.

As prioridades para a elección das vacacións seguirán un sistema rotatorio, de forma que no primeiro ano a elección prioritaria quede en favor do persoal de maior antigüidade e idade respectivamente, rotándose na prioridade en anos sucesivos. Non obstante, a mobilidade do persoal dun grupo a outro motivado por traslado voluntario, traslado forzoso por sanción, cambio de centro de traballo, excedencia ou permuta, implicará ocupa-lo último lugar do grupo ó que pertence o seu novo posto de traballo. Se son varios os traballadores afectados á vez, terase en conta a maior antigüidade e idade respectivamente.

Na duración das vacacións estableceranse criterios de proporcionalidade nos casos previstos pola lei, cando a incorporación ou baixa do persoal non coincida co comezo ou fin do ano natural.

Ningún empregado poderá comeza-las vacacións sen asina-lo parte de autorización establecido para este fin.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

1. Os traballadores, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo, con dereito a remuneración polos conceptos de soldo convenio, complemento de posto de traballo e antigüidade, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días naturais nos casos de:

-Nacemento de fillo.

-Enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (cónxuxe, pais, fillos, avós, netos, irmáns, sogros, avós do cónxuxe, irmáns do cónxuxe).

Cando, por tales motivos, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo ampliarase na seguinte forma:

* Fóra da provincia e dentro da Comunidade Autónoma, un día máis.

* Fóra da Comunidade Autónoma, dous días máis.

c) 2 días naturais nos casos de:

-Accidente grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade (cónxuxe, pais, fillos, avós, netos, irmans, sogror, avós do cónxuxe, irmans do cónxuse).

-Traslado de domicilio habitual.

-Matrimonio de pais, fillos ou irmáns.

-Bautizo e primeira comuñón de fillos.

-Para a realización dos trámites de adopción ou acollemento.

Cando, por tales motivos, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo ampliarase na seguinte forma:

* Fóra da provincia e dentro da Comunidade Autónoma, un día máis.

* Fóra da Comunidade Autónoma, dous días máis.

d) Polo tempo indispensable nos casos de:

-Para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendendo o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal un período determinado haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber público e persoal supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador á situación de excedencia forzosa.

No caso de que o traballador, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tiver dereito na empresa.

-Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos legalmente ou convencionalmente establecidos.

f) Para concorrer a exames.

g) Para consultas médicas.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen. Así mesmo, poderá optar por acumula-lo total de horas e facelas de forma inisterrompida a continaución da baixa maternal. O dito permiso de lactacióin aumentarase proporcionalmente no caso de parto múltiple.

i) Nos casos de nacementos de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo, terán dereito a reduci-la súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional do salario.

j) Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si, e quen desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, poderase limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

k) A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada previstos nas letras h), i) e j) deste artigo, corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-la empresa con quince días de antelación a data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

2. Tamén poderá o persoal que teña un mínimo de dous anos de antigüidade na empresa solicitar licencias sen dereito a remuneración por prazo non inferior a sete días nin superior a trinta, e seralles concedido, sempre que o permitan as necesidades do servicio, dentro do mes seguinte a aquel en que se presente a solicitude.

Artigo 15º.-Excedencias.

1. Forzosa.

Os traballadores terán dereito a que lles sexa recoñecida pola empresa a situación de excedencia forzosa, coa conservación do posto de traballo e a antigüidade, cando sexan designados ou elixidos para un cargo público que lles imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado polo traballador dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público; de non ser así entenderase que o traballador opta pola resolución definitiva do contrato de traballo.

2. Voluntaria.

a) O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten o dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

b) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terá dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballa

dores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, poderase limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computables para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado pola empresa, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

c) Así mesmo, poderán solicita-lo seu pase á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

d) Cando como consecuencia da Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades e demais normas que a desenvolven, o persoal deba optar por un posto de traballo, quedando no que cesase en situación de excedencia voluntaria, aínda cando non cumprise un ano de antigüidade na empresa, conservará indefinidamente o dereito preferente ó reingreso en vacante de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Nos supostos dos anteriores puntos a), c) e d), o traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa, sempre que o solicite cunha antelación dun mes como mínimo contado desde a desaparición da causa motivadora da excedencia ou vencemento do período solicitado.

Artigo 16º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria dos traballadores á idade de 65 anos, salvando aqueles casos en que non se reúnan as cotizacións suficientes para poder xubilarse co 100% da base reguladora da prestación, suposto en que a xubilación sería voluntaria ó cumpir aquela idade e obrigatoria ó renuni-las ditas cotizacións. Para aplica-la xubilación obrigatoria, será requisito necesario que os traballadores soliciten o certificado de vida laboral da Seguridade Social e llo faciliten á empresa con carácter previo á súa xubilación.

No suposto de que se produzan modificacións legais que alteren o contido do parágrafo anterior, a cuestión deberase someter á comisión mixta de interpretación deste convenio con obxecto de adecualo ó novo marco legal, quedando a aplicación da xubilación obrigatoria en suspenso ata que non se acade un acordo no seo da devandita comisión.

Así mesmo, estudiarase en cada caso a xubilación dos traballadores que teñan menos de 65 anos de idade, substituíndo este mediante a contratación doutro traballador en lugar do que se xubile anticipadamente, conforme a lexislación vixente.

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos de categoría profesional produciranse tendo en conta a formación, méritos, antigüidade do traballador, así como as facultades organizativas da empresa.

Artigo 18º.-Provisión de vacantes e novos postos de traballo.

Cando sexa necesaria a provisión de vacantes serán circunstancias a ter en conta, entre outras, as seguintes:

a) Como regra xeral e baixo o principio de igualdade de oportunidades recorrerase ó persoal da empresa naqueles casos en que as prazas non resulten amortizadas.

b) Con carácter primordial, a acreditada capacidade e titulación esixida para o posto, e como outros factores que hai que considerar:

-A antigüidade.

-Ter desempeñado eficazmente e de forma provisional un posto similar.

Os postos de traballo de nova creación cubriranse se iso é posible en primeiro lugar con persoal da empresa que ocupe outro posto de traballo.

A empresa, cando o considere conveniente, poderá facer probas de selección en cada caso concreto e segundo as circunstancias sen prexuízo de informar en todo caso o comité intercentro. No suposto de producción de reclamacións a empresa exporalle ó comité do modo máis amplo posible as razóns que motivaron a decisión adoptada achegando os datos que se consideren oportunos.

Artigo 19º.-Fomento do emprego estable.

A empresa comprométese á reducción da eventualidade entre o persoal contratado de maneira que, desde a data da sinatura do convenio ata o peche do ano 2001, se converterán en fixos contratos eventuais que cobren xornadas completas e posteriormente consolidarase a dita reducción coa transformación de contratos eventuais á modalidade de contratos fixos a tempo parcial axustados á normativa legal vixente e ás necesidades do servicio.

Artigo 20º.-Grupos profesionais.

O persoal clasificarase, en atención á función que realice, encadrándoo nalgún dos seguintes grupos profesionais:

-Grupo primero: persoal superior.

-Grupo segundo: persoal técnico.

-Grupo terceiro: persoal administrativo.

-Grupo cuarto: persoal de movemento.

-Grupo quinto: persoal subalterno.

Artigo 21º.-Categorías profesionais e niveis salariais.

A empresa, en virtude das súas facultades de organización e dirección, encadrará o persoal nos grupos de categorías profesionais que, sen ser exhaustivas nin condicionantes, figuran relacionadas no anexo 2 do presente convenio.

Establécese o compromiso de realiza-lo estudio de reorganización dos niveis salariais para a súa adecuación ás actuais necesidades de funcionamento baseado na experiencia. Este estudio estará orientado á supresión dos niveis C e D aínda que mantendo un nivel para a incorporación de novo persoal que sexa equivalente ó C. Así mesmo, comprométese a realiza-la definición de funcións por categorías asignándoas á estructura da empresa (a existencia de persoal adscrito a unha función de categoría inferior manterase na actual pero en caso de substitución quedan definidas as categorías de nova incorporación sen prexuízo das necesarias adaptacións por cambio tecnolóxico e/ou funcional).

Artigo 22º.-Mobilidade funcional.

1. A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Outra vez realizada a definición de funcións, a mobilidade funcional poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes.

2. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. A empresa deberalles comunicar esta situación ós representantes dos traballadores.

3. A mobilidade funcional efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

4. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou ás de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso, se a iso non obsta o disposto no pre

sente convenio colectivo ou, en todo caso, a cobertura de vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité intercentro, o traballador poderá reclamar ante a xurisdicción competente.

5. O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometimento ás regras previstas para as modificacións substanciais de condicións de traballo ou ás que para tal fin se establecese no presente convenio colectivo.

Artigo 23º.-Mobilidade xeográfica.

1. Desprazamentos temporais.

a) Por razóns de servicio, económicas, técnicas, organizativas ou de producción por consignación expresa no contrato de traballo a empresa poderá efectuar desprazamentos temporais dos seus traballadores ata o límite dun ano, que esixan que estes residan en poboación distinta á do seu domicilio habitual, aboando, ademais dos salarios, os gastos de viaxe e as axudas de custo, nas condicións que se fixan nos puntos seguintes.

O traballador deberá ser informado do desprazamento cunha antelación suficiente á data da súa efectividade, que non poderá ser inferior a cinco días laborables no caso de desprazamento de duración superior a tres meses; neste último suposto, o traballador terá dereito a un permiso de catro días laborables no seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos da cal correrán por conta da empresa.

b) Gastos xustificados.

A empresa fixará en normas e instruccións internas os condicionantes para acollerse a esta modalidade, determinando as categorías profesionais e ocasións convidas para a elección deste sistema compensatorio, así como a normativa en canto a control e limitación do gasto.

En calquera caso, nos desprazamentos de duración inferior a seis días, a modalidade de compensación será a través de gastos xustificados.

c) Axudas de custo.

Esta modalidade será de aplicación ós desprazamentos cunha duración superior a seis días e inferior a tres meses.

Con carácter xeral en 2001 fíxanse as contías seguintes:

-Axuda de custo completa: 6.316 ptas. (37,96 euros).

Dará dereito á percepción desta axuda de custos a realización dun servicio que obrigue o traballador

a xantar, cear e almorzar fóra da súa residencia habitual.

A asignación de hotel será conforme as normas e instruccións internas establecidas pola empresa en cada momento, tal e como se establece na anterior letra b).

-Media axuda de custos: 4.170 ptas. (25,06 euros).

Nos desprazamentos que permitan ó traballador pasa-la noite no seu domicilio (inclúe xantar e cea).

-Xantar e cea: 2.093 ptas. (12,58 euros)

Cando o servicio realizado obrigue o traballador a efectua-lo xantar ou cea fóra da súa residencia habitual.

Nos desprazamentos superiores a tres meses poderanse establecer modalidades especiais que se convirán entre ámbalas partes.

As contías anteriores serán revisadas nos anos 2002, 2003 e 2004 cos mesmos incrementos previstos no artigo 24º do presente convenio.

d) Locomoción.

-Medios de transporte alleos: cando as circunstancias o permitan utilizaranse os medios de transporte públicos colectivos existentes.

-Medios de transporte propios: cando por necesidades do servicio se utilice vehículo propio nos desprazamentos, pagarase a razón de 38 pesetas quilómetro (0,23 euros).

Cando o desprazamento sexa como consecuencia de prestar un servicio noutro centro de traballo distinto do que está adscrito, pagarase a distancia en quilómetros entre ámbolos centros e o tempo de desprazamento en horas se é fóra do horario normal, excepto se o lugar do novo centro é máis cercano ó domicilio habitual. No anexo 3 establécense as distancias e tempos medios entre ámbolos centros de traballo.

e) Prioridade en desprazamentos.

Os desprazamentos do persoal dun centro habitual de traballo serán determinados pola empresa en función das necesidades organizativas.

f) No suposto de que o desprazamento sexa solicitado polos traballadores, a empresa queda exonerada do pagamento de indemnización ou gasto ningún.

2. Traslados.

Considérase como tal a adscrición definitiva do traballador a un centro ou zona de traballo da empresa distinto do habitual en que viña prestando os seus servicios, e que esixa cambio de residencia para efectua-la súa prestación laboral de modo indefinido no destino.

a) Forzoso.

O traslado de traballadores que non fosen contratados especificamente para prestaren os seus servicios en centros de traballo móbiles ou itinerantes

a un centro ou zona de traballo da empresa que esixa cambios de residencia, requirirá a existencia de razóns de servicio económicas, técnicas, organizativas ou de producción debidamente xustificadas.

Entenderase que concorren as causas anteriores cando a adopción das medidas propostas contribúa a mellora-la situación da empresa a través dunha máis adecuada organización dos seus recursos que favoreza a súa posición competitiva no mercado ou unha mellor resposta ás esixencias da demanda.

A decisión de traslado deberalle ser notificada pola empresa ó traballador, así como ós seus representantes legais, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa efectividade.

Notificada a decisión de traslado, o traballador terá dereito a optar entre o traslado, percibindo unha compensación por gastos, ou a extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades. A compensación a que se refire o primeiro suposto comprenderá tanto os gastos propios coma os dos familiares ó seu cargo, nos termos que a continuación se establecen.

A empresa aboará unha indemnización que compensará a posible diferencia do alugueiro de vivenda e calquera outro gasto que puidese orixinárselle ó traballador como consecuencia do traslado; o seu importe determinarase por aplicación das seguintes porcentaxes acumulativas sobre o importe da retribución bruta fixa anual:

-Sobre as primeiras 900.000 pesetas (5.409,11 euros): 35%.

-Sobre o seguinte tramo de 750.000 pesetas (4.507,59 euros): 25%.

-Sobre o exceso a partir de 1.650.000 pesetas (9.916,70 euros): 15%.

Esta indemnización pagarase no momento que se acredite debidamente o cambio de domicilio.

Serán aboados ademais pola empresa os gastos de traslado da familia e do mobiliario e utensilios.

No non previsto neste artigo haberá que aterse ó previsto na lexislación laboral vixente, sen prexuízo de que poidan existir acordos das partes.

b) Voluntario.

Nos supostos en que o traslado sexa solicitado voluntariamente polos traballadores, a empresa estará exonerada do pagamento de indemnización ou gastos ningúns.

As vacantes que se produzan e que a empresa considere necesario prover serán cubertas, por solicitude dos interesados, de acordo coas seguintes prioridades:

1ª Persoal da mesma categoría, con antigüidade mínima dun ano nela.

2ª O de maior antigüidade na empresa.

3ª O de maiores responsabilidades familiares.

4ª O traballador de maior idade.

Todo o persoal que desfrute dun traslado voluntario e que se acollese ós requisitos establecidos, non poderá cubrir unha nova vacante cando exista outra solicitude que estea de acordo cos ditos requisitos.

3. Cambios de centro de traballo.

Considérase cambio definitivo de centro de traballo, cando a empresa por necesidades organizativas destina un traballador a un centro de traballo ou zona distinta da habitual sen que orixine cambio de residencia.

Neste caso a empresa quedará obrigada a pacta-la indemnización correspondente se se produce prexuízo económico e que en ningún caso superará o 50% da aplicación das porcentaxes establecidas no epígrafe de traslados forzosos. Esta indemnización non será satisfeita cando o cambio de centro de traballo represente un acercamento na distancia ó domicilio do traballador.

4. Permutas.

Poderán solicitar permutas os traballadores da mesma categoría que desempeñen funcións de idénticas características.

As ditas peticións terán que fundarse nalgún motivo xustificado e serán atendidas sempre que non exista prexuízo para terceiro ou para a boa marcha do servicio.

En todo caso, será potestativo da empresa autoriza-la correspondente permuta.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 24º.-Normas xerais.

As retribucións do traballo axustaranse ás normas establecidas no Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes en cada momento.

A estructura salarial queda determinada da forma seguinte:

a) Retribucións fixas e periódicas:

-Soldo convenio.

-Complemento posto de traballo.

-Antigüidade.

b) Retribucións eventuais e variables:

-Complemento nocturno.

-Quebranto de moeda, reconto e contaxe.

-Complemento de presencia e puntualidade.

-Complemento de festivos.

-Horas extraordinarias.

-Complemento de retén.

-Paga de productividade.

As remuneracións anuais previstas neste convenio están en función das horas anuais de traballo que resultan da aplicación do anexo 1.

Durante a vixencia do convenio establécense os incrementos salariais seguintes: para o ano 2001 o IPC previsto do 2% e para os exercicios 2002, 2003 e 2004 será o IPC previsto polo Goberno para cada ano.

Estes incrementos entrarán en vigor a principios de cada ano e serán aplicables a todos e cada un dos conceptos sinalados anteriormente para as remuneracións fixas e eventuais, coa excepción da paga de productividade.

Nos ditos anos a antigüidade xa devengada ou de próximo devengo irá a maiores dos citados incrementos salariales.

Artigo 25º.-Retribución.

A. Soldo convenio.

Soldo convenio é o que figura no anexo 4 para cada categoría profesional

Na cantidade que o traballador percibe en cada unha das catorce pagas formada polo soldo convenio quedan incluídos os complementos de distancia e transporte e demais que durante a vixencia do convenio puidesen establecerse e ser de aplicación, así como o concepto de beneficios que recollía a ordenanza laboral de transportes.

B. Complemento posto de traballo.

É un complemento de carácter persoal en función do posto de traballo desempeñado e de acordo coa experiencia e os coñecementos profesionais do traballador na empresa.

Artigo 26º.-Paga de privatización.

Establécese unha paga en concepto de privatización, fixándose o seu importe en 200.000 pesetas que se aboarán no momento da privatización. Durante a vixencia deste convenio e ata o momento da privatización, aboarase en concepto de pagamento á conta sobre a dita paga de privatización o importe que sexa necesario para complementa-lo IPV real, se é o caso, a suma de IPC previsto máis o tanto por cento asignado en concepto de productividade.

Se durante a vixencia do convenio non se produce a privatización, ó final del aboarase o resto da cantidade entre os pagamentos á conta e o importe fixado para a dita paga será dunha soa vez e non consolidable.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Os traballadores desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico polo tempo de servicio prestado á empresa consistente como máximo en dezaseis bienios da contía que se expresa no anexo 5.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a de ingreso do traballador na empresa, facéndose efectiva a partir do día primeiro do mes seguinte a aquel en que se cumpra cada bienio.

Artigo 28º.-Complemento nocturno.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas terá a retribución específica que se sinala no anexo 8 deste convenio.

Exceptúanse da percepción do presente complemento aqueles traballadores que especificamente fosen contratados para traballos nocturnos exclusivamente.

Artigo 29º.-Quebranto de moeda, reconto e contaxe.

Os traballadores incluídos na categoría de cobradores de peaxe percibirán un complemento de compensación ascendente á cantidade que se sinala no anexo 9, por día efectivo de traballo polas diferencias debidas a posibles erros nas súas liquidacións, e do tempo necesario para prepararse ata acudir ó seu lugar de traballo e para efectua-las liquidacións correspondentes e ordenación de documentos que, en ningún caso, poderá efectuarse no posto de traballo onde deberá estar pendente do usuario.

Igualmente, fíxase un complemento polo concepto de quebranto de moeda ascendente á cantidade que se sinala no anexo 9, para a categoría de xefe de quenda por día efectivo de traballo, que recibirá o mesmo tratamento en caso de detracción.

O persoal doutras dependencias que teña permanentemente ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade unha caixa, e por tanto manexe diñeiro en efectivo, percibirá un complemento en concepto de quebranto de moeda por día efectivo de traballo, pola contía que figura no anexo 9, polas diferencias debidas a posibles erros nas súas liquidacións.

En calquera dos anteriores supostos, o importe das posibles diferencias monetarias indicadas será detraído na medida necesaria ata chegar á súa cobertura nas retribucións mensuais, unha vez comprobada a circunstancia.

Artigo 30º.-Complemento de presencia e puntualidade.

Tódolos traballadores incluídos neste convenio percibirán un complemento de presencia e puntualidade por día efectivo de traballo, a contía do cal queda fixada na táboa por categorías do anexo 6, perdendo a súa percepción segundo o regulado a continuación:

-Casos de detracción:

Pola ausencia ó traballo nun día completo perderase a totalidade do complemento dese día.

Pola ausencia ó traballo por tempo inferior a unha xornada completa, percibirase o importe correspondente a tal concepto na parte proporcional.

Exceptúanse en ámbolos casos as ausencias como consecuencia de accidente de traballo formal e debidamente xustificado, así como as derivadas de enfermidade común xustificadas polo correspondente parte oficial de baixa da Seguridade Social.

Por cada tres faltas de puntualidade na mesma semana perderase o complemento equivalente a unha xornada completa.

As categorías que figuran no terceiro tramo do anexo 6 integraranse no segundo tramo, cos importes deste último.

Artigo 31º.-Complemento de festivos.

O persoal que traballe a quendas rotativas percibirá un complemento pola contía que figura no anexo 10, por día efectivo en compensación dos días de asistencia ó traballo coincidentes con domingos e festivos e sinalados no cadro de quendas.

Artigo 32º.-Paga de productividade.

Establécese unha paga de productividade en función de obxectivos individuais ou, se é o caso, por grupos homoxéneos de persoal. O importe dela será de 0,75% da masa salarial do traballador para o ano 2001 sempre que a suma do IPC previsto máis 0,75% non supere o IPC real de peche de exercicio. Consolidarase na retribución de cada traballador e aboarase dentro do primeiro trimestre do exercicio seguinte.

Para os exercicios 2002 a 2004 as partes atéñense ás pautas marcadas pola Comisión de Seguimento da Negociación Colectiva das Empresas Públicas.

Os criterios de avaliación do persoal resúmense, en función do departamento, nos seguintes:

a) Persoal de cobramento de peaxe: para acceder ó 100% hanse de sumar un total de 10 puntos repartidos da seguinte forma: a.1.) Rendemento: tránsitos cobrados: por un total de 6 puntos, considerarase cumprido cando os tránsitos cobrados no 85% das quendas sexan iguais ou superiores á media dos tránsitos cobrados nesa quenda e vía; a.2.) Eficacia: execución da quenda: por un total de 2 puntos considerarase cumprido o obxectivo cando o 80% das quendas sexan cualificadas de correctas - unha quenda será considerada correcta cando non existan erros ó cubri-las follas de servicio, e se cumprisen correctamente con tódalas normas propias do peche de quenda; a.3.) Dilixencia: cun total de 2 puntos aboaráselle a quen de maneira habitual se caracterice polo puntualidade no inicio da quenda, dilixencia no cumprimento das instruccións dos seus superiores, colaboración no correcto funcionamento da maquinaria e ambiente de traballo.

b) Persoal de administración e asimilados: para acceder ó total da formación variable acadáronse 10 puntos de valoración repartidos da seguinte forma: b.1.) Cumprimento de obxectivos: por un total de 7 puntos cando se acaden os obxectivos en canto ó cumprimento de prazos de remisión de información, etc.; b.2.) Actitude: ata un total de 2 puntos valorará

a colaboración con compañeiros e capacidade de adaptación, etc.; b.3.) Propostas de mellora ou achega de novas ideas que melloren o traballo: ata 1 punto.

c) Persoal de mantemento e conservación asimilados: para acceder ó total da retribución variable hanse de acadar 10 puntos de valoración repartidos da seguinte maneira: b.1.) Cumprimento de obxectivos: por un total de 6 puntos cado se acaden os obxectivos de realización das tarefas previstas en cada exercicio que serán coñecidas de antemán; b.2.) Eficacia no traballo: ata un total de 3 puntos medirase o cumprimento de datas na remisión de informes ou contestación de organismos oficiais; b.3) Propostas de mellora ou achega de novas ideas que melloren o traballo: ata 1 punto.

Artigo 33º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

De conformidade co Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro, acórdase a realización de horas extraordinarias só en caso de forza maior e as estructurais.

Enténdense por causas de forza maior as que se producen para previr ou reparar sinistros e outros danos ou causas extraordinarias e urxentes imprevistos ou previstos e inevitables.

As horas extraordinarias estructurais son aquelas traballadas motivadas por períodos puntas de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da empresa.

A dirección da empresa informará periodicamente os representantes legais dos traballadores sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións ou quendas.

Será obrigatoria a prestación polo traballador das horas extraordinarias que lle sexan indicadas pola empresa, dentro dos límites máximos establecidos para o efecto polo artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores, sen que se teñan en conta nos ditos límites máximos as traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes.

De mutuo acordo entre empresa e traballador, poderanse compensa-las horas extraordinarias por un tempo equivalente ó dobre de descanso en lugar de seren retribuídas economicamente.

No anexo 7 queda fixado o valor da hora extraordinaria para cada categoría laboral.

Artigo 34º.-Dispoñibilidade e emerxencias.

As características da empresa requiren o establecemento de sistemas de dispoñibilidade ou emerxencias para atender traballos ou asuntos inaprazables fóra da xornada normal.

Dispoñibilidade é aquela situación na que o traballador se encontra de retén á disposición da empresa, fóra ou dentro do centro de traballo, localizable mediante chamada telefónica ou outro sistema, para cubrir calquera evento que poida producirse. Esta dispoñibilidade afecta aqueles postos de traballo determinados pola dirección da empresa en normas e instruccións internas. Así mesmo, en emerxencias, en días e horas concretos poderá facerse extensiva a dispoñibilidade a outro persoal de explotación que por razón do posto que ocupa, a súa responsabilidade ou mando, obrigaren a iso.

Dentro dos conceptos previstos no capítulo de condicións económicas deste convenio encóntrase incluída a percepción que, pola situación de dispoñibilidade e a prestación de servicios fóra da xornada normal de traballo, consecuencia da dita dispoñibilidade, puidese corresponder a este persoal. Emporiso, as categorías de encargado xeral, encargado, xefe de equipo, capataz, oficial 1ª electrónico e oficial 1ª electricista terán unha retribución específica denominada complemento de retén, na contía de 39.946 pesetas (240,08 euros) mensuais, cada vez que estean de retén.

Por emerxencias enténdense aquelas circunstancias especiais tales como accidentes graves, situacións climatolóxicas anormais e reparacións moi urxentes e inaprazables que impoñen a necesaria e obrigada presencia do persoal de explotación. Este persoal pode encontrarse fóra de servicio ou ben realizando a súa xornada ordinaria de traballo. Naquel caso compensaranse as horas de acordo co artigo 31º deste convenio e noutro non se fará compensación ningunha extraordinaria.

Artigo 35º.-Liquidación e forma de pagamento das retribucións.

Tódalas retribucións teñen o carácter de brutas, debendo ser pagadas polo traballador tódalas cargas fiscais e de Seguridade Social.

As retribucións fixas anuais polos conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade, serán distribuídas en catorce pagas, doce ordinarias e dúas extraordinarias, percibíndose estas últimas conxuntamente e no mesmo recibo coa nómina dos meses de xuño e novembro.

As retribucións eventuais e variables polos conceptos de complemento nocturno; quebranto de moeda, reconto e contaxe; complemento de presencia e puntualidade; complemento de festivos; horas extraordinarias; axudas de custo e locomoción calcularanse en períodos do 16 dun mes ó 15 do seguinte, incluíndose no recibo de salarios deste último mes.

Como norma xeral, e para efectos dunha maior seguridade tanto persoal como material, o pagamento das retribucións efectuarase mediante transferencia bancaria para ingresar en conta corrente ou libreta de aforro a nome de cada traballador en calquera das axencias ou sucursais da entidade bancaria da

localidade da súa residencia que expresamente indique aquel. Neste sentido só poderá cambiarse de entidade bancaria na primeira quincena do mes de xaneiro de cada ano, salvo que concorran circunstancias que a criterio da empresa estean debidamente xustificadas e, en concreto, cando se produza cambio de residencia.

A empresa reserva para si o dereito a efectua-lo pagamento de haberes por medio de talón bancario ou en metálico en casos moi concretos ou cando, por circunstancias especiais, así resulte aconsellable.

A empresa non se responsabiliza da demora que poida producirse no pagamento da nómina por parte da entidade bancaria, unha vez que a orde de transferencia foi cursada.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 36º.-Préstamos de vivenda.

Os traballadores que reúnan os requisitos que se citan a continuación poderán solicitar un préstamo para adquisición ou construcción de vivenda, coas condicións que se fixan nos apartados seguintes:

A) Contía e amortización:

O importe destes préstamos consistirá na contía dunha anualidade e media dos seus ingresos brutos polos conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade no momento en que se formalice a concesión, que non superará a cifra de 4.500.000 pesetas. En todo caso garantirase un mínimo de 2.000.000 de pesetas cando o importe da anualidade e media sexa inferior á dita cifra e o traballador estea contratado a xornada completa. Noutro caso, sería proporcional á xornada contratada.

Tales préstamos serán amortizados, a partir do mes seguinte a aquel en que se dispuxese da primeira ou única entrega, no prazo máximo de sete anos e devengarán o 3 por cento de xuro, incrementándose ó 6 por cento de xuro os segundos e sucesivos préstamos.

Para tal fin a empresa descontará na nómina correspondente a cada paga o importe que en cada caso resulte, que consistirá nunha cota fixa e constante durante o período de amortización, producto da suma dos importes a que ascendan o principal e os xuros que este devengue.

B) Fondo:

Establécese para esta clase de préstamos un fondo global que en ningún caso superará os sesenta e cinco millóns de pesetas.

C) Requisitos:

Serán os requisitos para desfrutar dos ditos préstamos:

1. Ser empregado fixo de cadro de persoal.

2. Ter unha antigüidade mínima na empresa de dous anos.

3. Que a vivenda se destine ó domicilio propio e habitual do solicitante e a súa familia.

4. Que nin o solicitante nin ningún dos familiares ó seu cargo teña a propiedade doutra vivenda. En caso contrario, o solicitante haberá de allea-la que tivese no prazo máximo de seis meses a partir da data de dispoñibilidade da nova vivenda.

5. Que se xustifique, en forma adecuada e en especial achegando a documentación que se requira como precisa, a adquisición ou investimento.

6. Que a empresa poderá esixi-las medidas adecuadas para asegura-la devolución do préstamo.

7. Que haxa saldo suficiente no fondo que a empresa destina como máximo para este fin.

8. Terán prioridade os empregados que accedan por primeira vez ó préstamo de vivenda.

9. É condición indispensable, antes de solicitar un novo préstamo, que transcorrese o tempo establecido de amortización do anterior.

10. En calquera caso será informado o comité de empresa previamente á súa concesión.

D) Tramitación e formalización:

As solicitudes deberán ser cursadas polos empregados interesados no préstamo en carta-petición dirixida á dirección xeral.

A empresa rexistrará por rigorosa orde de entrada tódalas solicitudes.

Na concesión destes préstamos gozarán de preferencia aqueles empregados que baseasen a súa xustificación na orde de prioridade que se cita, en traslado forzoso por circunstancias ou necesidades de traballo que impliquen cambio de residencia, sinistro da súa actual vivenda, desafiuzamento, ou calquera outra causa similar.

A concesión dos préstamos será formalizada por medio de documento en cada caso preciso e no que se farán consta-los requisitos, condicións e características específicas de cada caso.

A non xustificación do gasto realizado mediante a escritura pública pola cal se formalice a compra da vivenda ou, en calquera caso, da documentación acreditativa dos pagamentos efectuados en tal concepto, será condición bastante para esixi-la cancelación e devolución inmediata do préstamo concedido.

No suposto de o prestatario causar baixa na empresa antes da total amortización do préstamo, quedará obrigado a devolve-lo resto non amortizado no prazo máximo de tres meses computado a partir da data en que o seu cesamento tivese lugar.

Artigo 37º.-Anticipos sobre haberes.

Con obxecto de cubrir posibles circunstancias imprevistas, os traballadores poderán desfrutar de anticipos sobre haberes cando concorra algún dos seguintes motivos:

a) Matrimonio do empregado ou fillo que conviva con el.

b) Primeira comuñón do fillo.

c) Falecemento do cónxuxe, ascendente ou descendente que conviva co empregado.

d) Traslado de vivenda.

e) Gastos de matrícula e material escolar do empregado ou cónxuxe, con ocasión de cursar estudios.

f) Adquisición de mobiliario de uso necesario para o fogar familiar.

g) Obras de mellora e restauración da vivenda habitual.

h) Adquisición de vehículo.

i) Calquera outra circunstancia de carácter moi excepcional por necesidades urxentes e inaprazables, debidamente xustificada.

O importe destes anticipos consistirá, como máximo, en tres mensualidades dos ingresos brutos do traballador polos conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade no momento en que se formalice a concesión para os restantes motivos.

Os ditos anticipos amortizaranse a partir do mes seguinte a aquel en que se dispuxese da entrega, nun máximo de 30 pagas descontándose o seu importe en cada unha das nóminas subseguintes.

Establécese para esta clase de anticipos un fondo global que en ningún caso superará a cantidade de nove millóns cincocentas mil pesetas.

Serán requisitos para desfrutar de tales anticipos:

1. Ser empregado fixo de cadro de persoal.

2. Ter unha antigüidade mínima na empresa de tres meses.

3. Que se xustifique en forma adecuada e en especial achegando a documentación que se requira como precisa.

4. Que haxa saldo suficiente no fondo que a empresa destina como máximo para este fin.

5. Para desfrutar do segundo e sucesivos anticipos para adquisición de vehículo mediarán, polo menos, catro anos, devengando as cantidades prestadas o catro por cento de xuro.

Tramitación e formalización:

Nas ditas modalidades as solicitudes deberán ser cursadas polos empregados interesados en carta-petición dirixida á dirección xeral, na cal se farán consta-los feitos e circunstancias que orixinan a dita solicitude, así como o compromiso do prazo en que xustificará documentalmente o gasto realizado.

A empresa rexistrará por rigorosa orde de entrada tódalas solicitudes.

Na concesión do anticipo para adquisición de vehículo gozarán de preferencia aqueles empregados que baseasen a súa xustificación na declaración de sinistro total do vehículo e tivesen que adquirir outro para desprazarse ós seus postos de traballo. Para os restantes anticipos, establécese unha preferencia na súa concesión cando concorra algún dos motivos previstos na letra c) anterior do presente artigo.

A concesión dos anticipos será formalizada por medio do documento en cada caso preciso.

A non xustificación do gasto realizado en virtude da concesión de calquera dos préstamos a que se refiren as modalidades deste artigo será condición bastante para esixi-la cancelación e devolución inmediata do anticipo.

No suposto de o prestatario causar baixa na empresa antes da total amortización do préstamo, quedará obrigado a devolve-lo resto non amortizado simultaneamente á producción da dita baixa.

O comité de empresa será informado sobre a evolución de solicitudes e concesións destes anticipos.

Artigo 38º.-Axuda por gastos médicos.

Os empregados de cadro de persoal, o seu cónxuxe, os fillos non emancipados considerados como beneficiarios da Seguridade Social no respectivo documento de calquera dos cónxuxes, e os familiares recoñecidos como beneficiarios da Seguridade Social no documento do empregado, gozarán, cos requisitos xerais que a continuación se indican, das axudas por gastos médicos que seguidamente se sinalan:

A) Requisitos xerais.

A axuda por gastos médicos, intervencións cirúrxicas e hospitalización concederase fundamentalmente cando as súas prestacións respectivas non estean cubertas pola Seguridade Social e, en todo caso, mediante xustificación documental a través de informe facultativo xunto da factura orixinal do gasto realizado ou orzamento dos gastos que se van realizar.

Neste sentido procurarase, se iso for posible e as circunstancias o permitiren, antes de efectua-lo gasto, solicitar consulta previa da empresa ou comisión mixta por se resultar ou non procedente o seu aboamento.

Unha vez aprobado, o aboamento consistirá no 75% do importe total da factura, unha vez deducidos os gastos non necesarios.

B) Gastos médicos especiais.

Naqueles casos non cubertos pola Seguridade Social concederase igualmente unha axuda do 75% do importe total da factura, unha vez deducidos os gastos non necesarios.

En particular, este 75% afectará concretamente as seguintes circunstancias:

a) Óptica: lentes ou microlentes de contacto.

A primera montura aboarase en todo caso e a súa reposición ou reposicións sucesivas só se aboarán

novamente cando transcorreren, polo menos, cinco anos desde o aboamento das respectivamente anteriores. Este prazo será considerado na comisión mixta, para efectos da súa posible diminución, nos casos de que as lentes ou microlentes de contacto sexan utilizadas por nenos fillos de empregados, cunha idade igual ou inferior a 15 anos.

A reposición de cristais ou microlentes de contacto concederase no mesmo prazo ou antes se for con motivo de nova graduación.

En todo caso, será necesario presentar receita expedida por un facultativo que exprese a graduación

b) Odontoloxía: prótese, empaste, radiografía, endodoncia e ortodoncia.

Para estes gastos de odontoloxía establécese un límite cuantitativo, sen que o 75% do total da factura supere o máximo de 400.000 pesetas por tratamento.

c) Ortopedia: soletas ortopédicas.

Nas anteriores circunstancias sinaladas coas letras a), b) e c) será requisito indispensable que o traballador proceda a solicitar previamente da Seguridade Social a prestación social prevista para estes casos e, posteriormente, a empresa procederá ó aboamento da diferencia existente.

Artigo 39º.-Prestacións complementarias da Seguridade Social por incapacidade temporal.

Para os supostos de incapacidade temporal acórdase o seguinte:

1. Durante as ausencias por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional e maternidade, a empresa aboará, pola súa conta, durante o tempo en que a dure a dita situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución bruta polos conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade.

2. Durante as ausencias por incapacidade temporal derivada de enfermidade común, risco durante o embarazo e accidente non laboral, a empresa aboaralles ós traballadores durante o tempo en que permanezan en tal situación, un complemento das prestacións da Seguridade Social, de tal forma que entre ambos cubran as porcentaxes da retribución bruta polos conceptos de soldo convenio, complemento posto de traballo e antigüidade, seguintes:

a) Do primeiro día ó 4º inclusives: 80%.

b) Do quinto día ó 20º inclusives: 85%.

c) Do vixésimo primeiro día en diante: 100%.

3. Para ter dereito á percepción dos complementos anteriormente citados, o persoal deberá axustarse ás seguintes normas:

a) Non poderá cambiar de domicilio sen aviso previo á empresa.

b) Deberá comunicarlle á empresa dúas horas antes do comezo da súa xornada ou servicio a súa situación de baixa e presentarlle o parte oficial de baixa dentro das vintecatro horas seguintes a que o dito parte lle for entregado polo facultativo correspondente.

c) Deberá presentar semanalmente os partes de confirmación e avisar, o día anterior á súa incorporación, que vai ser alta por incapacidade temporal.

O incumprimento das normas anteriores, independentemente de que poidan supoñer falta laboral, dará lugar a que o traballador deixe de percibi-lo complemento establecido durante o tempo que continúe na dita situación de baixa. De igual maneira, naqueles casos en que poida deducirse por actos ou conductas determinados a intención de crear ou prolonga-la situación de baixa, a dirección da empresa poderá suprimi-lo complemento das prestacións da Seguridade Social.

Para os casos de baixa por enfermidade ou accidente, a empresa poderá esixirlles ós traballadores afectados que se sometan ó recoñecemento do facultativo que lle sinale aquela. O diagnóstico deste facultativo será determinante para o aboamento do complemento estipulado.

Artigo 40º.-Cursos de formación profesional.

A empresa promoverá os cursos de formación profesional que considere necesarios para o maior desenvolvemento do labor na prestación do servicio por parte do seu persoal, podendo suxerirlles ós traballadores outros cursos que, posteriormente e a xuízo da empresa, poidan resultar convenientes para a formación profesional.

Por conseguinte, con obxecto de adquirir ou perfecciona-la súa capacitación profesional, e para iso de mutuo acordo co comité intercentros, adecuándoo á realidade da empresa, o empregado cursará os estudios ou capacitarase nas materias relacionadas co posto de traballo que presta na empresa cando esta o requira para iso.

O dito perfeccionamento esténdese a cursar estudios e efectuar prácticas tanto dentro da empresa coma no exterior, en centros de formación e, incluso, se for necesario, no estranxeiro. A asistencia ós ditos cursos ou o exercicio das prácticas expresadas comportarán a percepción da retribución íntegra e a obriga por parte da empresa de lle aboar ou reintegrar ó traballador cantos gastos se lle orixinen, procurándose, en todo caso, compatibilizar cos horarios de traballo.

Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, o traballador poderá solicitar pola súa iniciativa e posterior exame e aprobación pola empresa, axuda con cargo a esta consistente no importe do 50% daqueles estudios ou cursos que redunden en beneficio do posto de traballo desempeñado e na propia formación do traballador, sen que a súa duración

máxima poida supera-lo tempo dun curso académico, para o cal na solicitude se exporán as circunstancias oportunas e se achegará o orzamento con indicación, así mesmo, do centro onde se van cursa-los estudios ou cursos e a súa duración, comprometéndose pola súa parte o traballador ó máximo aproveitamento e asistencia así como á presentación dos xustificantes de pagamento.

A formación en materia de seguridade e hixiene levarase a efecto conforme o establecido no artigo 19, punto 4º, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Tarxetas de peaxe.

Tódolos traballadores da empresa incluídos no presente convenio terán dereito a tarxeta de peaxe, que lles permita a utilización gratuíta da autoestrada, nos seguintes termos:

1. A tarxeta de peaxe será nominativa e intransferible, figurando nela o nome do traballador, debendo exhibila por requirimento do cobrador de peaxe e tendo este a obriga de comproba-la identidade do usuario desta tarxeta.

2. O uso da dita tarxeta por persoa distinta daquela a favor da cal estea estendida considerarase como unha falta moi grave de carácter laboral, reservándose a empresa cantas accións puideren diso derivarse.

3. O traballador deberá conservar debidamente a tarxeta e en caso de perda ou extravío dela o titular deberá comunicarllo á empresa de inmediato por escrito.

4. No suposto da extinción da relación laboral o traballador deberá entrega-la súa tarxeta, ó tempo de asina-la liquidación de haberes.

Artigo 42º.-Economato.

Os traballadores de cadro de persoal que expresamente o soliciten terán dereito á inclusión nalgún dos economatos que para o efecto ten concertados a empresa e que, na actualidade, están constituídos pola Fundación Laboral ELCO e POVELCO para o persoal pertencente ós centros de traballo das provincias da Coruña e Pontevedra respectivamente.

Artigo 43º.-Axuda de estudios.

Serán beneficiarios destas axudas os fillos dos traballadores fixos de cadro de persoal con idade igual ou inferior a 26 anos, deixando a salvo que, en casos excepcionais, por razón de idade, a comisión mixta poida acorda-la concesión da axuda.

A solicitude da axuda farase mediante o impreso establecido para o efecto, ó que se xuntará a seguinte documentación:

a) Xustificante de se ter matriculado no curso académico para o que se solicita a axuda.

b) Declaración xurada ou promesa do traballador de que durante o curso académico para o que se solicita a axuda, o/os beneficiario/s vive/n ás súas expensas, sen realizaren traballos cunha remune

ración que supere a contía do salario mínimo interprofesional.

As contías das axudas serán pagadas por unha soa vez, por cada beneficiario e curso académico, e estarán condicionadas ó cumprimento dos requisitos anteriores, rexendo en 2001 as seguintes contías:

-Xardín de infancia (menos de 3 anos): 21.127 pesetas (126,98 euros).

-Preescolar ou educación infantil (3 a 6 anos): 23.939 pesetas (143,88 euros).

-Educación primaria ou 1º e 2º de ESO: 28.156 pesetas (169,22 euros).

- FP ou 3º e 4º de ESO, 1º bacharelato: 36.607 pesetas (220,01 euros).

-COU e 2º bacharelato: 42.240 pesetas (253, 87 euros).

-Estudios universitarios: 70.394 pesetas (423,08 euros).

O prazo de solicitude da axuda está comprendido entre o 1 de setembro e o 20 de decembro de cada ano.

O importe da Axuda de estudios será revisada os anos 2002, 2003 e 2004, cos mesmos incrementos previstos no artigo 24 deste convenio.

Capítulo V

Organización do traballo

Artigo 44º.-Normas xerais.

A organización do traballo dentro das normas e orientacións deste convenio e as disposicións legais, é facultade da dirección da empresa.

Artigo 45º.-Organización da empresa.

Seguindo o proclamado anteriormente, a empresa adecuará o seu funcionamento orgánico de acordo coa actividade que deba desenvolver, determinando as cotas de persoal necesarias en cantas especialidades sexan precisas, así como os chanzos xerárquicos dentro da organización e as diferentes categorías profesionais, en cada grupo e adecuadamente proporcionados.

Ó conxunto do persoal integrador do equipo completo fixaralle o seu encadramento e lugar de traballo.

Neste aspecto concreto, e ademais dos centros de traballo destinados a oficina central ou delegacións, a empresa, por razón das súas peculiares características do servicio que presta, debe agrupa-las súas instalacións e dependencias de traballo, en sectores denominados zonas ou centros de traballo e que comprenden determinados e concretos tramos de explotación con posibilidade de que dentro delas se sitúen varias dependencias.

En consecuencia, os empregados quedarán, inicialmente, destinados a unha zona ou centro de traballo, desprendéndose diso a obrigatoriedade da súa

presencia á hora de inicia-la súa quenda de traballo en calquera das dependencias ou establecementos comprendidos dentro da zona ou centro de traballo que se lles asignase, e independentemente da distancia que poida mediar entre o seu domicilio e calquera das ditas dependencias ou establecementos.

Artigo 46º.-Zonas ou centros de traballo.

Entenderanse por zonas ou centros de traballo aqueles sectores ou tramos de explotación en que se dividise a concesión, co obxecto de conseguir unha adecuada distribución do persoal, facilitándolle a situación e extensión delas, para efectos de encadramento, traslado e demais posibles consecuencias.

Artigo 47º.-Dependencias.

Terán a consideración de dependencias aqueles locais ou lugares de actividade situados dentro dunha zona ou centro de traballo.

Determinados estes, de acordo co texto do primeiro parágrafo deste artigo, o centro de traballo comporase de tantas dependencias como instalacións das mencionadas estean radicadas na demarcación determinante da zona ou centro de traballo.

Artigo 48º.-Normas de circulación.

Os traballadores prestarán a máxima atención no cumprimento escrupuloso das normas do código da circulación cando se conduza, incluso, vehículos da empresa, polo carácter de exemplaridade que todo o persoal dela debe asumir nesta materia.

Artigo 49º.-Roupa de traballo.

É roupa de traballo aquela que o traballador ten a obriga de utilizar, ben para unha correcta presentación ante os usuarios da autoestrada, ben para a realización dos cometidos propios do seu labor en todas ou nalgunhas circunstancias.

O uso da roupa de traballo queda limitado exclusivamente dentro das dependencias da empresa, e o seu emprego fóra delas non está permitido excepto cando sexa por motivo ou consecuencia do seu traballo.

As pezas de roupa específicas de cada posto de traballo, o equipo inicial, así como a súa reposición serán determinados pola empresa consonte a táboa que se xunta como anexo 11.

Os traballadores que cesen na empresa deberán facer entrega da roupa de traballo que se lles facilitase na última entrega.

A roupa de traballo entregaraa a empresa, sempre que sexa posible, antes do comezo das temporadas de verán e inverno.

A empresa, así mesmo, facilitará os emblemas identificativos do persoal.

O cambio de roupa de traballo será negociado entre a empresa e o comité intercentro sempre e cando se introduzan alteracións no número e clase das pezas de roupa.

Capítulo VI

Réxime disciplinario

Artigo 50º.-Faltas.

A) Definición e clasificación das faltas.

Son faltas as accións ou omisións que supoñan quebranto ou descoñecemento dos deberes de calquera índole impostos polas disposicións legais en vigor en materia de relacións de traballo e en especial as tipificadas no presente texto.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase en razón da súa importancia, trascendencia ou malicia en: leve, menos grave, grave e moi grave.

B) Circunstancias modificativas da responsabilidade.

As faltas graduaranse a teor das circunstancias que na súa comisión concorran. Xulgaranse con maior rigor as faltas cometidas por persoal con responsabilidade recoñecida, ou cunha función específica que fose a de vixilancia, supervisión, etc.

Serán considerados como aspectos básicos determinantes da cualificación destas os seguintes: a reincidencia, reiteración, indisciplina ou desobedencia; a malicia; a imprudencia; o escándalo, así como os danos e prexuízos que da súa comisión poidan derivarse, todos eles como agravantes, ou a ausencia ou menor apreciación destas circunstancias como atenuantes.

Para os efectos de determinación da responsabilidade considerarase que existe reiteración cando o traballador xa fose sancionado anteriormente por outra falta de igual ou maior gravidade, ou por dúas de gravidade inferior, aínda que de distinta índole. Considerarase que existe reincidencia cando, ó cometer unha falta, o traballador fose sancionado anteriormente por outra ou outras faltas da mesma índole e de gravidade igual ou diversa.

C) Garantías procesuais.

Para a imposición de calquera das sancións previstas no presente texto por comisión de falta menos grave, grave ou moi grave, incluído o despedimento, non se requirirá máis requisito formal que a comunicación da empresa por escrito ó traballador, facendo constancia dos feitos que o motivan e da data dos seus efectos.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente.

D) Faltas leves.

Consideraranse faltas leves, segundo as circunstancias que concorran na súa comisión e a teor dos prexuízos causados á empresa, as seguintes:

1. Tres faltas inxustificadas de puntualidade ó traballo que non merezan unha cualificación máis grave, no prazo dun mes.

2. Faltar ó traballo un día sen xustificar dentro dun período de trinta días.

3. Falta de aseo, hixiene e limpeza persoal ou deterioración neglixente das pezas de traballo que facilite a empresa.

4. Permanencia nos locais e lugares de traballo para o que se esixa autorización debida aínda dentro da xornada de traballo.

5. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio ou teléfono tan pronto como estes se produzan.

6. Pequenos descoidos na conservación ou no tratamento de ferramentas, máquinas, materiais, locais e documentos.

7. As faltas leves de consideración cara ós compañeiros de traballo.

8. Ineficacia ou neglixencia leve no cumprimento dos deberes, funcións ou misións encomendadas e, en particular, ó incorrer en máis de cinco diferencias de recadación reclamables nun período dun mes.

9. A non comunicación coa antelación debida das faltas ó traballo ou atraso na súa incorporación por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

E) Faltas menos graves.

Serán consideradas como faltas menos graves:

1. Catro e cinco faltas de puntualidade, sen xustificación razoable, no prazo dun mes.

2. Faltar ó traballo dous días sen xustificar dentro dun período de trinta días.

3. Discusións que prexudiquen a boa marcha dos servicios ou repercutan na imaxe da empresa sempre que exista responsabilidade do traballador.

4. Falta de atención e dilixencia co público.

5. Non avisa-lo xefe inmediato dos defectos e anomalías ou avarías do material, vehículos ou maquinaria ou da necesidade destes para continua-lo traballo. Se o feito non denunciado puidese orixinar danos de grande importancia, considerarase como falta grave.

6. Permitir dilapidacións evitables de material e subministracións.

7. No avisar a quen corresponda de calquera accidente ou anomalía por leve que sexa, ocorrido nos centros de traballo ou na propia autoestrada, que se implicar prexuízo notorio para a empresa ou o público poderá ser considerado como falta grave.

8. No usa-los elementos de seguridade requiridos.

9. Non presentar, ou non avisar coa antelación prevista, o parte oficial de baixa por IT, a non ser que se probe a imposibilidade de facelo.

10. Embriaguez ocasional dentro da xornada de traballo.

11. O abandono do traballo sen causa xustificada e sen notificación ó inmediato superior, que ocasione prexuízo á empresa, ou fose causa de risco de accidente ou prexuízo para os seus compañeiros de traballo ou do público.

12. A de menoscaba-la consideración e respecto debido ós seus compañeros ou ó público ou ameazalos sempre que se empreguen expresións violentas, groseiras e despectivas. No suposto de que chegue a implicar malos tratos de obra ós inferiores, ou abuso de autoridade manifesta, será considerada como falta grave.

13. Entregarse ou induci-los compañeiros a participaren en xogos de azar ou outros durante a xornada ou fóra desta nos locais da empresa que supoñan apostas de diñeiro ou resulte visible e notorio para o público.

14. Durmir durante as horas de prestación da actividade laboral.

15. Executar durante a xornada de traballo tarefas que non fosen encomendadas pola empresa, e utilizar para fins propios instalacións, servicios ou instrumentos desta, sen que medie autorización.

16. A imprudencia en acto de servicio, que se implicar risco grave para el ou os seus seus compañeiros ou perigo de accidente ou avaría nas instalacións poderá ser considerada como falta grave.

17. As manifestacións públicas de crítica ou desconformidade respecto ás decisións dos superiores e ás medidas adoptadas pola dirección da empresa na organización do traballo.

18. A diminución voluntaria, aínda que de forma non continuada, no rendemento normal do traballo. De ser continuada poderá ser falta grave despois de ter sido apercibido pola empresa.

19. Aconsellar ou incita-lo persoal a que incumpra os seus deberes, sempre que non se produza alteración ningunha de orde ou non se consigan tales obxectivos, xa que neste caso sería falta grave.

20. A reincidencia ou reiteración na comisión de catro ou máis faltas leves que fosen sancionadas no período dun ano.

F) Faltas graves.

Consideraranse faltas graves:

1. De seis a nove faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar ó traballo tres días sen xustificar dentro dun período de trinta días.

3. As discusións sobre asuntos de calquera índole que producisen notorio escándalo e repercutan gravemente na boa marcha dos servicios.

4. Simula-la presencia doutro traballador, asinando, fichando ou utilizando calquera outro procedemento.

5. A desobedencia das ordes e acordos dos superiores en materia de traballo ou seguridade.

6. A simulación de enfermidade ou accidente.

7. O quebranto ou violación de segredos, ou de cuestións de reserva obrigada.

8. Favoritismos por parte dos superiores en materias que impliquen discriminación do resto dos subordinados, postergación destes ou que supoñan persecucións.

9. Afastarse do posto onde se presta servicio no período de tempo sinalado para o relevo e antes de que chegue quen deba efectua-la correspondente substitución.

10. Tolerarlles ós subordinados que traballen infrinxindo as normas de seguridade.

11. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del ou afecte a seguridade dos seus compañeiros ou do público.

12. Incumprir calquera das normas referentes á prevención de riscos laborais e seguridade e hixiene no traballo.

13. Non garda-lo debido sixilo respecto ós asuntos que se coñezan por razóns de cargo ou divulgación non autorizada de datos reais ou supostos da empresa que se coñezan pola intervención do traballador en procesos de traballos onde se teña acceso a eles.

14. Causar, por neglixencia, graves danos na conservación dos locais, vehículos, maquinaria, material ou documentación da empresa, ou utilización de medios da empresa para fins alleos a ela, sen autorización debida.

15. A negativa a realizar actos ou tarefas distintos dos normais do posto cando o impoñan necesidades perentorias ou imprevisibles.

16. A reincidencia ou reiteración na comisión de catro ou máis faltas menos graves que fosen sancionadas, cometidas dentro do termo dun ano.

17. Prolongar malintencionadamente o período de curación das lesións sufridas en accidente de traballo ou non cumpri-las prescricións médicas establecidas, afectando a prestación ou regularidade do traballo.

18. A indisciplina ou desobedencia ás ordes emanadas dos superiores ou da dirección da empresa, se implicar quebranto manifiesto da disciplina ou dela se derivaren prexuízos notorios para a empresa.

19. Non acudir ou negarse sen causas xustificadas a facer horas extraordinarias, en situacións de forza maior.

20. O exercicio de actividades profesionais públicas ou privadas, sen ter solicitada autorización de compatibilidade, segundo a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normas que a desenvolven.

G) Faltas moi graves

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar ó traballo máis de tres días sen causa xustificada, dentro dun período de trinta días.

3. Colocar en grave risco de accidente un compañero ou usuario ou ocasionar perigo de avaría, desperfecto ou perda de calquera instalación ou material propiedade da empresa, por acción ou omisión culpable estando de servicio.

4. Permitir ou non comunicar sen causa que o xustifique a comisión de fraude ou roubo.

5. As faltas de fidelidade en canto ós segredos relativos á xestión da empresa.

6. Falsear con manifesta mala intención os documentos da empresa, así como os datos de seguimento e control.

7. A suplantación de personalidade, que lles produza danos morais ou materiais moi graves á empresa, ós compañeiros ou ó público.

8. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, o furto ou robo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera persoa que se encontre, por calquera causa, dentro das dependencias dela.

9. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentación da empresa, de forma voluntaria e malintencionada.

10. A embriaguez habitual, inxerir drogas tóxicas ou encontrarse baixo os efectos delas durante o traballo.

11. A violación do segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa.

12. Os malos tratos de palabra ou obra, ou falta grave de respecto cara ás persoas que traballan na empresa ou a familiares que convivan con elas, así como cara ó público, sempre que exista responsabilidade por parte do traballador.

13. O acoso sexual, entendendo por tal unha conducta de natureza sexual, de palabra ou acción, desenvolvida no ámbito laboral e que sexa ofensiva para a(s) persoa(s) traballadora(s) obxecto dela. No suposto de acoso sexual protexerase a continuidade no posto de traballo da persoa obxecto del.

14. O abandono do traballo sen causa xustificada que ocasione prexuízo á empresa, for causa de accidente ou implicar risco moi grave na seguridade do traballo para os seus compañeiros ou do público.

15. A diminución continuada e voluntaria no rendemento normal do traballo, despois de ser apercibido pola empresa.

16. A falta maliciosa de comunicación dos cambios experimentados na familia, para efectos de proseguir na percepción de axudas ou asignacións de carácter familiar ou similares.

17. Facilita-lo uso por outras persoas distintas das autorizadas da tarxeta de peaxe concedida pola empresa para efectos de circulación gratuíta pola autoestrada, prevista no artigo 39º deste convenio colectivo.

18. Conducción de vehículos da empresa sen posuír permiso de conducir e/ou autorización da empresa.

19. A participación activa en folga ilegal, ou en calquera outra falta de alteración colectiva ilegal no réxime normal de traballo.

20. A negativa durante unha folga á prestación dos servicios mínimos establecidos pola autoridade competente necesarios para a seguridade das persoas e das cousas, mantemento dos locais, maquinaria, instalacións, materias primas e calquera outra atención que for precisa para a ulterior reanudación das tarefas da empresa.

21. A reincidencia ou reiteración na comisión de catro ou máis faltas graves que fosen sancionadas, cometidas durante o termo dun ano.

22. O incumprimento das normas sobre incompatibilidades cando dean lugar a situacións de incompatibilidade, segundo a Lei 53/1984, do 26 de decembro, e demais normas que a desenvolven.

23. Falsear con manifesta mala intención os datos para a obtención da axuda por gastos médicos e axuda de estudios recollidos nos artigos 36º e 41º, respectivamente, do convenio.

24. Falsear ou incumpri-los requisitos esixidos para o préstamo de vivenda e o anticipo sobre haberes previstos nos artigos 34º e 35º, respectivamente, do convenio.

Artigo 51º.-Sancións.

a) As faltas leves poderanse sancionar con:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) As faltas menos graves sancionaranse con:

-Traslado de posto de traballo, que non supoña cambio de residencia, durante un tempo máximo de trinta días.

-Suspensión de emprego e soldo ata catro días.

c) As faltas graves poderán sancionarse con:

-Traslado de posto de traballo, que implique cambio de residencia, por un tempo máximo de sesenta días.

-Suspensión de emprego e soldo de cinco a vinte días.

-Postergación para o ascenso por un prazo non superior a tres anos.

d) As faltas moi graves poderán sancionarse con:

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 80 días.

-Diminución temporal ou definitiva da súa categoría.

-Inhabilitación definitiva para ascender de categoría.

-Despedimento.

O comité de empresa será informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

Artigo 52º.-Prescrición das faltas.

As faltas leves prescribirán ós oito días, as menos graves ós dez días, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se ter cometidas.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 53º.-Delegados de prevención.

Conforme o establecido no artigo 35 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, son delegados de prevención os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

Corresponde designar tres delegados de prevención, conforme a escala establecida na dita lei, por e entre os representantes do persoal.

As competencias, facultades, garantías e sixilo profesional dos delegados de prevención son as previstas na dita lei de prevención.

Artigo 54º.-Comité de seguridade e saúde.

Constitúese un comité de seguridade e saúde, de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, formado por tres representantes da empresa, dunha parte, e por igual número de delegados de prevención, da outra.

Este comité é o órgano paritario e colexiado de participación destinado a consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos, estando reguladas as súas competencias e facultades no artigo 39 da citada lei.

Artigo 55º.-Recoñecimento médico.

A empresa facilitará un recoñecemento médico que como regra xeral será cada dous anos, se ben cando as circunstancias así o aconsellen poderá levarse a cabo noutros prazos, como medida preventiva de eventualidades que poidan xurdir.

Artigo 56º. Obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais.

Os traballadores obríganse a cumpri-lo artigo 29 da Lei de prevención de riscos laborais, velando pola súa propia seguridade e saúde no traballo e pola daqueloutras persoas ás que se poida afecta-la súa actividade profesional, debendo segui-las ins

truccións da empresa. O incumprimento polos traballadores das obrigas en materia de prevención de riscos terá a consideración de incumprimento laboral grave para os efectos previstos no artigo 50º f) deste convenio colectivo.

Capítulo VIII

Representación dos traballadores no seo da empresa

Artigo 57º.-Disposicións xerais.

A representación e o exercicio dos dereitos dos traballadores na empresa correspóndelles, de conformidade ó legalmente establecido na actualidade:

-Ó comité intercentro.

-Ós comités de empresa.

-Ás seccións sindicais cando se constitúan. E,

-Á asemblea de traballadores.

Artigo 58º.-Comité intercentros.

Constitúese un comité intercentros composto por dez membros designados entre os compoñentes dos distintos comités de empresa, segundo establece o artigo 63.3º do Estatuto dos traballadores e conforme a interpretación dada pola sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 7 de maio de 1991, que ten a resolución seguinte: «na constitución do comité intercentros gardarase a proporcionalidade dos sindicatos, segundo os resultados electorais considerados globalmente», «polo que o comité intercentros debe estar formado tomando en consideración os resultados electorais obtidos por cada candidatura (sindical ou independente) atribuíndo a cada unha delas o número que lle corresponda segundo os resultados electorais a comités de centro, globalmente considerados».

Así mesmo, o laudo arbitral de data 26 de novembro de 1999, considera que en caso de empate usando o criterio de distribución proporcional antes mencionado «Parece máis adecuado... utilizar criterio do número de votos obtidos con carácter global nas eleccións sindicais na empresa, que, se ben, como queda dito, non é criterio de primeiro grao, se é o máis lóxico, en segundo grao, para dirimi-lo empate producido no número de representantes».

O comité intercentros, así constituído, elixirá de entre os seus compoñentes un presidente e un secretario, mediante votación libre e secreta, e elaborará o seu propio regulamento de procedemento, a copia do cal se lles deberá remitir á autoridade laboral e á empresa.

Da constitución do comité intercentros levantarase acta, asinada por tódolos seus compoñentes, na que constará o nome das persoas que o integran así como nos que recaeron os cargos de presidente e secretario. Unha copia de cada unha das actas será enviada para os efectos oportunos ó Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, e outra á empresa, quedando a terceira en poder do comité intercentros.

O resultado da constitución publicarase nos taboleiros de anuncios dos distintos centros de traballo.

Artigo 59º.-Competencias do comité intercentros.

O comité intercentro terá as seguintes competencias:

1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.

3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por esta, sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquela.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

e) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

7. Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas nesta orde polo capítulo VII deste convenio.

9. Participar como se determina neste convenio colectivo na xestión de obras e melloras sociais establecidas na empresa en beneficio dos seus traballadores e dos seus familiares.

10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade.

11. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinalados neste artigo en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

12. Denuncia-lo convenio colectivo, negociar este e formar parte da mesa negociadora.

13. Formar parte da comisión mixta de interpretación prevista no artigo 9º deste convenio.

14. Coñece-las bases sobre a provisión de vacantes e novos postos de traballo, mencionados no artigo 17º, que lle serán comunicadas pola empresa.

15. Recibir información anualmente da empresa sobre a contratación de persoal eventual ou interino, así como das altas e baixas experimentadas no cadro de persoal fixo.

16. Deberá ser informado pola dirección da empresa sobre a marcha ou traxectoria empresarial da sociedade e plans dela que afecten a cuestións de interese directo do persoal.

17. Participar nas actividades deportivas ou culturais que se propoñan na empresa e na organización das festas patronais.

Artigo 60º.-Capacidade e sixilo profesional do comité intercentros.

1. Recoñéceselle ó comité intercentros capacidade, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. Os membros do comité intercentros, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós números 1.1, 1.2, 1.3 e 1.4 do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité intercentros e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.

Artigo 61º.-Comités de empresa.

Os comités de empresa terán as competencias e obrigas establecidas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 62º.-Garantías.

Os membros do comité intercentros e dos comités de empresa, como representantes legais dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que será oído, á parte do interesado, o comité intercentros.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó da expiración de su mandato, salvo en caso de que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo, non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexiadamente, se se trata do comité, con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

Artigo 63º.-Crédito de horas.

Os representantes dos traballadores poden dispoñer dun crédito de vinte horas mensuais retribuídas, para o exercicio das súas funcións de representación. Estas horas poderán acumularse nun ou en varios representantes sempre que medie acordo maioritario do comité, en acta levantada para o efecto e remitida á empresa, podéndose modifica-lo dito acordo na mesma forma.

Para o crédito de horas anteriormente previsto deberá avisarse previamente e xustificalas posteriormente.

Artigo 64º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais ou sindicatos que teñan unha implantación do 15% de afiliación no seo da empresa, esta descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. A empresa efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

Artigo 65º.-Seccións sindicais.

Haberá que aterse ó que dispón o artigo 8.1 da Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 66º.-Asemblea dos traballadores.

Os representantes legais dos traballadores terán dereito a convocar asemblea nos termos e cos requisitos previstos nos artigos 77, 78, 79 e 80 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 67º.-Locais e taboleiro de anuncios.

A empresa, sempre que as circunstancias o permitan, porá á disposición dos representantes dos traballadores un local adecuado no que poidan desenvolve-las súas actividades e comunicarse cos traballadores, así como un taboleiro de anuncios para fixar comunicacións e información de interese específico para os traballadores da empresa. Neste sentido, os comunicados ou infor

macións que aparezan no dito taboleiro de anuncios deberán ir asinados polos representantes dos traballadores, os cales se responsabilizarán do seu contido, podendo ser retirados aqueles que non leven a sinatura.

Artigo 68º.-Gastos de desprazamento.

A empresa sufragará os gastos de desprazamento do comité intercentros e da comisión mixta nas reunións celebradas conxuntamente con aquela así como as previas e preparatorias das conxuntas coa empresa que celebren exclusivamente entre si os membros do comité intercentros, ademais dos de desprazamentos dos representantes dos traballadores para celebraren asembleas nos termos e condicións previstos no artigo 66º deste convenio, e sempre e en todo caso logo de comunicación á empresa coa debida antelación. Para o aboamento do gasto da quilometraxe será computado como punto de partida o do centro de traballo de cada membro do comité nos supostos de coincidencia da reunión coa xornada de traballo, e desde o domicilio particular nos de desfrute de descanso e en todo tempo ata o lugar da reunión.

O sufragamento destes gastos poderá ser modificado e incluso suprimido, a xuízo da empresa, a teor das circunstancias en cada momento concorrentes cando pola promulgación de novas normas legais ou doutro tipo xurdan fórmulas que supoñan o financiamento de tales gastos por conta doutras entidades ou fondos específicos para o efecto.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Primeira.-As partes asinantes manifestan que nas negociacións do presente convenio se seguiu co máximo respecto o disposto na lexislación vixente.

Segunda.-Decláranse como obxectivos comúns das partes a necesidade de mante-las relacións laborais sobre a base da comunicación permanente e da aceptación mutua do diálogo para resolver diferencias de criterio, mellora-lo ambiente de traballo, a situación dos traballadores e o desenvolvemento da empresa, conscientes de que a seguridade no emprego e as melloras sociais unicamente poden conseguirse mediante un incremento da productividade na empresa e no mellor aproveitamento dos seus recursos.

A representación dos traballadores comprométese á máxima reducción do absentismo durante a vixencia do presente convenio colectivo, así como a poñer tódolos medios ó seu alcance para o incremento máximo da productividade.

Terceira.-Con efectos a partir de 1º de xaneiro de 2001 declárase expresamente derrogado o convenio colectivo vixente ata o 31 de decembro de 2000.

E para constancia de todo o exposto esténdese o presente documento en corenta e catro follas e once anexos de papel común mecanografados polo seu anverso, que se rubrican á marxe das corenta e catro primeiras e once anexos e se asinan ó final da presente, que é a última, na Coruña o un de febreiro de dous mil dous.

ANEXO 1

Horarios, xornada de traballo e ciclos

Servicio afectadoClase de xornadaPeríodoHorarios de traballoHoraObservacións

Cobradores peaxeXornada a quenda continuada1 xaneiro a 31 decembroQuenda A: 7 a 15 h

Quenda B: 15 a 23 h

Quenda C: 23 a 7 h

8

Ciclos 6-3: períodos de 9 días (6 de traballo e 3 de descanso)

Xornada a quenda partida1 xaneiro a 31 decembroDe 9 a 13 h

De 17 a 21 h

8

Coordinadores de comunicaciónsXornada a quenda continuada1 xaneiro a 31 decembroQuenda A: 6 a 14 h

Quenda B: 14 a 22 h

Quenda C: 22 a 6 h

8

Ciclos 6-3: períodos de 9 días (6 de traballo e 3 de descanso)

Xornada a quenda partida: luns a xoves1 xaneiro a 31 maio

1 outubro a 31 decembro

De 8.30 a 14 h

De 15.30 a 19.05 h

9.05

VenresDe 8.30 a 14.30 h6

Xornada continuada: luns a venres1 xuño a 30 setembroDe 8 a 14.15 h6.15

Explotación non suxeito a quendas SeixurraXornada a quenda partida: luns a xoves1 xaneiro a 31 maio

1 outubro a 31 decembro

De 8.30 a 14 h

De 15.10 a 18.45 h

9.05

VenresDe 8.30 a 14.30 h6

Xornada continuada: luns a venres1 xuño a 30 setembroDe 8 a 14.15 h

6.15

Explotación non suxeito a quendas TouralXornada partida: luns a xoves

1 xaneiro a 31 maio

1 outubro a 31 decembro

De 8.30 a 14 h

De 15.25 a 19 h

9.05

VenresDe 8.30 a 14.30 h6

Xornada continuada: luns a venres1 xuño a 30 setembroDe 8 a 14.15 h6.15

Obra e expropiacións

Xornada partida: luns a xoves

1 xaneiro a 31 decembro

De 9 a 13 h obrigada presencia

De 13 a 14 h flexible

De 15 a 16 h flexible

De 16 a 19 h obrigada presencia

8

VenresDe 9 a 15 h obrigada presencia6

Oficinas centrais

Xornada partida: luns a xoves1 xaneiro a 31 maio

1 outubro a 31 decembro

De 8.15 a 8.45 h flexible

De 8.45 a 14 h obrigada presencia

De 15.15 a 15.30 h flexible

De 15.30 a 18.20 h obrigada pres.

De 18.20 a 19.05 h flexible

8.50

VenresDe 8.30 a 14.30 h6

Xornada continuada: luns a venres1 xuño a 30 setembroDe 8 a 14 h6

ANEXO 2

Categorías profesionais

Titulado grao superior.

Xefe de área.

Titulado grao medio.

Xefe de sección.

Xefe de negociado.

Oficial 1ª administrativo.

Oficial 2ª administrativo.

Auxiliar administrativo.

Auxiliar técnico.

Delineante.

Coordinador de comunicacións.

Xefe de quenda.

Cobrador de peaxe.

Encargado xeral.

Encargado.

Capataz.

Xefe de equipo.

Oficial 1ª electrónico.

Oficial 1ª electricista.

Oficial 1ª mecánico.

Oficial de oficio de 2ª.

Peón especialista.

Peón.

Mozo de obra.

A súa ordenación non ten significado xerárquico.

ANEXO 4

Soldo convenio ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasDevengoNivel ANivel BNivel CNivel D

Titulado grao superiorMensual anual418.626

5.860.764

399.037

5.586.518

379.380

5.311.320

358.171

5.014.394

Xefe de áreaMensual anual418.626

5.860.764

399.037

5.586.518

379.380

5.311.320

358.171

5.014.394

Titulado grao medioMensual anual349.892

4.898.488

333.611

4.670.554

313.976

4.395.664

294.364

4.121.096

Xefe de secciónMensual anual349.892

4.898.488

333.611

4.670.554

313.976

4.395.664

294.364

4.121.096

Auxiliar técnicoMensual anual274.695

3.845.730

254.975

3.569.650

241.104

3.375.456

DelineanteMensual anual274.695

3.845.730

254.975

3.569.650

241.104

3.375.456

Xefe de negociadoMensual anual274.695

3.845.730

262.987

3.681.818

255.700

3.579.800

243.563

3.409.882

Oficial 1ª administrativoMensual anual237.349

3.322.886

215.067

3.010.938

211.037

2.954.518

200.144

2.802.016

Oficial 2ª administrativoMensual anual181.861

2.546.054

179.158

2.508.212

174.180

2.438.520

161.793

2.265.102

Auxiliar administrativoMensual anual156.469

2.190.566

151.768

2.124.752

148.525

2.079.350

145.285

2.033.990

Coordinador de comunicaciónsMensual anual239.374

3.351.236

Xefe de quendaMensual anual239.374

3.351.236

Cobrador de peaxeMensual anual198.016

2.772.224

189.503

2.653.042

169.189

2.368.646

Encargado xeral, encargado, capataz e xefe de equipoMensual anual272.703

3.817.842

253.308

3.546.312

231.534

3.241.476

Oficial 1ª electrónico e oficial 1ª electricistaMensual anual247.824

3.469.536

239.511

3.353.154

Oficial 1ª mecánicoMensual anual220.058

3.080.812

210.797

2.951.158

199.716

2.796.024

194.586

2.724.204

Oficial de oficio de 2ª, peón especialista e peónMensual anual201.736

2.824.304

200.394

2.805.516

188.550

2.639.700

182.078

2.549.092

Mozo de obraMensual anual126.233

1.767.262

ANEXO 4 bis

Soldo convenio ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasDevengoNivel ANivel BNivel CNivel D

Titulado grao superiorMensual anual2.515,99

35.223,86

2.398,26

33.575,64

2.280,12

31.921,68

2.152,65

30.137,10

Xefe de áreaMensual anual2.515,99

35.223,86

2.398,26

33.575,64

2.280,12

31.921,68

2.152,65

30.137,10

Titulado grao medioMensual anual2.102,89

29.220,46

2.005,04

28.070,56

1.887,03

26.418,42

1.769,16

24.766,24

Xefe de secciónMensual anual2.102,89

29.220,46

2.005,04

28.070,56

1.887,03

26.418,42

1.769,16

24.766,24

Auxiliar técnicoMensual anual1.650,95

23.113,30

1.532,43

21.454,02

1.449,06

20.286,84

DelineanteMensual anual1.650,95

23.113,30

1.532,43

21.454,02

1.449,06

20.286,84

Xefe de negociadoMensual anual1.650,95

23.113,30

1.580,58

22.128,12

1.536,79

21.515,06

1.463,84

20.493,76

Oficial 1ª administrativoMensual anual1.426,50

19.971,00

1.292,58

18.096,12

1.268,36

17.757,04

1.202,89

16.840,46

Oficial 2ª administrativoMensual anual1.093,01

15.302,14

1.076,76

15.074,64

1.046,84

14.655,76

973,48

13.628,72

Auxiliar administrativoMensual anual940,40

13.165,60

912,14

12.769,96

892,65

12.497,10

873,18

12.224,52

Coordinador de comunicaciónsMensual anual1.438,67

20.141,38

CategoríasDevengoNivel ANivel BNivel CNivel D

Xefe de quendaMensual anual1.438,67

20.141,38

Cobrador de peaxeMensual anual1.190,10

16.661,40

1.138,94

15.945,16

1.016,85

14.235,90

Encargado xeral, encargado, capataz e xefe de equipoMensual anual1.638,98

22.945,72

1.522,41

21.313,74

1.391,85

19.485,90

Oficial 1ª electrónico e oficial 1ª electricistaMensual anual1.489,45

20.852,30

1.439,49

20.152,86

Oficial 1ª mecánicoMensual anual1.322,58

18.516,12

1.266,92

17.736,88

1.200,32

16.804,48

1.169,49

16.372,86

Oficial de oficio de 2ª, peón especialista e peónMensual anual1.212,46

16.974,44

1.204,39

16.861,46

1.133,21

15.864,94

1.094,31

15.320,34

Mozo de obraMensual anual758,68

10.621,52

ANEXO 5

Táboa de antigüidade ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasImporte bruto

Titulado grao superior5.216

Xefe de área5.216

Titulado grao medio e xefe de sección4.686

Auxiliar técnico A, auxiliar técnico B, xefe de negociado, encargado xeral e encargado4.160

Auxiliar técnico C, auxiliar técnico D, delineante, oficial 1ª administrativo, oficial 2ª administrativo, coordinador de comunicacións, xefe de quenda, cobrador de peaxe, xefe de equipo, capataz, oficial 1ª electrónico, oficial 1ª electricista e oficial 1ª mecánico.3.529

Auxiliar administrativo, oficial de oficio de 2ª, peón especialista, peón e mozo de obra3.014

ANEXO 5 bis

Táboa de antigüidade ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasImporte bruto

Titulado grao superior31,35

Xefe de área31,35

Titulado grao medio e xefe de sección28,16

Auxiliar técnico A, auxiliar técnico B, xefe de negociado, encargado xeral e encargado25

Auxiliar técnico C, auxiliar técnico D, delineante, oficial 1ª administrativo, oficial 2ª administrativo, coordinador de comunicacións, xefe de quenda, cobrador de peaxe, xefe de equipo, capataz, oficial 1ª electrónico, oficial 1ª electricista e oficial 1ª mecánico21,21

Auxiliar administrativo, oficial de oficio de 2ª, peón especialista, peón e mozo de obra18,11

ANEXO 6

Complemento de presencia e puntualidade ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasImporte

Titulado grao superior, xefe de área, titulado grao medio, xefe de sección, auxiliar técnico A, auxiliar técnico B, xefe de negociado, encargado xeral e encargado584

CategoríasImporte

Auxiliar técnico C, auxiliar técnico D, delineante, oficial 1ª administrativo, oficial 2ª administrativo, coordinador de comunicacións, xefe de quenda, cobrador de peaxe, xefe de equipo, capataz, oficial 1ª electrónico, oficial 1ª electricista, oficial 1ª mecánico, auxiliar administrativo, oficial de oficio de 2ª, peón especialista, peón e mozo de obra468

ANEXO 6 bis

Complemento de presencia e puntualidade ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasImporte

Titulado grao superior, xefe de área, titulado grao medio, xefe de sección, auxiliar técnico A, auxiliar técnico B, xefe de negociado, encargado xeral e encargado3,51

Auxiliar técnico C, auxiliar técnico D, delineante, oficial 1ª administrativo, oficial 2ª administrativo, coordinador de comunicacións, xefe de quenda, cobrador de peaxe, xefe de equipo, capataz, oficial 1ª electrónico, oficial 1ª electricista, oficial 1ª mecánico, auxiliar administrativo, oficial de oficio de 2ª, peón especialista, peón e mozo de obra2,81

ANEXO 7

Táboa de valores de horas extraordinarias ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasHora extra

laborable

Hora extra

festiva

Titulado grao superior4.4956.156

Xefe de área4.4956.156

Titulado grao medio3.7435.114

Xefe de sección3.7435.114

Auxiliar técnico2.8983.971

Delineante2.8983.971

Xefe de negociado2.9874.095

Oficial 1ª administrativo2.5033.416

Oficial 2ª administrativo2.0202.768

Auxiliar administrativo1.7412.386

Coordinador de comunicacións2.7683.783

Xefe de quenda2.7683.783

Cobrador de peaxe2.2043.011

Encargado xeral, encargado, capataz e xefe de equipo2.9304.002

CategoríasHora extra

laborable

Hora extra

festiva

Oficial 1ª electrónico e oficial 1ª electricista2.8173.856

Oficial 1ª mecánico2.4923.416

Oficial de oficio 2ª, peón especialista e peón2.0872.898

Mozo de obra1.7312.351

ANEXO 7 bis

Táboa de valores de horas extraordinarias ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasHora extra

laborable

Hora extra

festiva

Titulado grao superior27,0237

Xefe de área27,0237

Titulado grao medio22,5030,74

Xefe de sección22,5030,74

Auxiliar técnico17,4223,87

Delineante17,4223,87

Xefe de negociado17,9524,61

Oficial 1ª administrativo15,0420,53

Oficial 2ª administrativo12,1416,64

Auxiliar administrativo10,4614,34

Coordinador de comunicacións16,6422,74

Xefe de quenda16,6422,74

Cobrador de peaxe13,2518,10

Encargado xeral, encargado, capataz e xefe de equipo17,6224,05

CategoríasHora extra

laborable

Hora extra

festiva

Oficial 1ª electrónico e oficial 1ª electricista16,9323,18

Oficial 1ª mecánico14,9820,53

Oficial de oficio 2ª, peón especialista e peón12,5417,42

Mozo de obra10,4014,13

ANEXO 8

Táboa de valores de complemento nocturno ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasImportes

Coordinador de comunicacións354

Xefe de quenda354

Cobrador de peaxe271

Oficial 1ª mecánico325

ANEXO 8 bis

Táboa de valores de complemento nocturno ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasImportes

Coordinador de comunicacións2,13

Xefe de quenda2,13

Cobrador de peaxe1,63

Oficial 1ª mecánico1,95

ANEXO 9

Táboa de valores de quebranto de moeda, reconto e contaxe ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

Centro de traballoXefe de quendaCobrador de

peaxe

Xefe de

sección

Xefe de

negociado

Oficial 1ª

administrativo

Oficial 2ª

administrativo

Auxiliar

administrativo

Peaxe Vilar do Colo384669-----

Peaxe Cabanas384669-----

Peaxe Miño384669-----

Peaxe Santa Marta384625-----

Peaxe Guísamo 1 (Tronco)384669-----

Peaxe Guísamo 2 (Ranal)384625-----

Peaxe A Barcala384625-----

Peaxe Cecebre384669-----

Peaxe Macenda384669-----

Peaxe Ordes384625-----

Peaxe Sigüeiro384669-----

Peaxe Teo384669-----

Peaxe Padrón384625-----

Peaxe Carracedo384625-----

Peaxe Caldas384625-----

Peaxe Curro384625-----

Peaxe Alba384625-----

Peaxe Figueirido384679-----

Peaxe Morrazo384669-----

Peaxe Rande384625-----

Indiferente--552384384384384

ANEXO 9 bis

Táboa de valores de quebranto de moeda, reconto e contaxe ano 2001

(Importes brutos en euros)

Centro de traballoXefe de quendaCobrador de

peaxe

Xefe de

sección

Xefe de

negociado

Oficial 1ª

administrativo

Oficial 2ª

administrativo

Auxiliar

administrativo

Peaxe Vilar do Colo2,314,02-----

Peaxe Cabanas2,314,02-----

Peaxe Miño2,314,02-----

Peaxe Santa Marta2,313,76-----

Peaxe Guísamo 1 (Tronco)2,314,02-----

Peaxe Guísamo 2 (Ranal)2,313,76-----

Peaxe A Barcala2,313,76-----

Peaxe Cecebre2,314,02-----

Peaxe Macenda2,314,02-----

Peaxe Ordes2,313,76-----

Peaxe Sigüeiro2,314,02-----

Peaxe Teo2,314,02-----

Peaxe Padrón2,313,76-----

Peaxe Carracedo2,313,76-----

Peaxe Caldas2,313,76-----

Peaxe Curro2,313,76-----

Peaxe Alba2,313,76-----

Peaxe Figueirido2,314,08-----

Peaxe Morrazo2,314,02-----

Peaxe Rande2,313,76-----

Indiferente--3,322,312,312,312,31

ANEXO 10

Táboa de valores de complemento festivo ano 2001

(Importes brutos en pesetas)

CategoríasImportes

Coordinador de comunicacións645

Xefe de quenda645

Cobrador de peaxe645

ANEXO 10 bis

Táboa de valores de complemento festivo ano 2001

(Importes brutos en euros)

CategoríasImportes

Coordinador de comunicacións3,88

Xefe de quenda3,88

Cobrador de peaxe3,88

ANEXO 11

Roupa de traballo

Posto de traballoClase de roupaCantidadeReposición

Cobrador de peaxePantalón

Xersei gordo

Xersei fino

Anorak

Camisa

Polo

Chaleco reflectante

Garavata (homes) / pano para a cabeza (mulleres)

Zapatos verán

Zapatos inverno

Emblema identificativo

3

1

2

1

2

2

1

1

1

1

1

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada catro anos

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Posto de traballoClase de roupaCantidadeReposición

Xefe de quenda

Pantalón

Chaqueta

Xersei

Chaleco reflectante

Anorak

Camisa inverno

Camisa verán

Garavata (home) / pano para a cabeza (mulleres)

Zapatos verán

Zapatos inverno

Emblema identificativo

3

1

2

1

1

2

2

1

1

1

1

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada dous anos

Segundo necesidade

Cada catro anos

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Encargado

Capataz

Xefe de equipo

Pantalón

Xersei gordo

Anorak

Camisa

Polo

Funda

Zapatos verán

Zapatos inverno

Emblema identificativo

Toalla

Presillas reflectantes

Luras de traballo

3

1

1

2

2

1

1

1

1

2

1

1

Cada dous anos

Segundo necesidade

Segundo necesidade

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Segundo necesidade

Segundo necesidade

Coordinador de comunicaciónsPantalón

Chaqueta

Xersei

Camisa

Polo

Garavata

Zapatos verán

Zapatos inverno

Emblema identificativo

3

1

2

2

2

1

1

1

1

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Brigada de conservación

Oficial mecánico taller

Oficial mecánico conductor

Pantalón

Funda

Traxe de augas

Xersei gordo

Camisa

Anorak

Zapato-Bota

Botas de auga

Toalla

Luras de traballo

2

2

1

1

4

1

2

1

2

1

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada dous anos

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Segundo necesidade

Oficial electrónico

Oficial eléctrico

Pantalón

Funda

Xersei gordo

Xersei fino

Camisa

Polo

Anorak

Zapatos verán

Zapatos inverno

Zapatos-Bota

Botas de auga

Toalla

Luvas de traballo

2

2

1

1

2

2

1

1

1

1

1

2

1

Cada ano

Cada ano

Cada dous anos

Cada dous anos

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Cada ano

Cada ano

Segundo necesidade

Cada ano

Segundo necesidade

Como pezas complementarias utilízanse equipos de seguridade pertencentes á dotación d.