Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 127/2002, do 14 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 182 Plan Operativo Local 2001, O Incio-Foilebar, acondicionamento e alargamento do punto quilométrico 0 ó 0,52 (concello do Incio).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día vintecatro de agosto de dous mil un, aprobou o proxecto de obra número 182 Plan Operativo Local 2001, O Incio-Foilebar, acondicionamento e alargamento do punto quilométrico 0 ó 0,52, e na sesión do vintenove de outubro de dous mil un, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día un de marzo de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día tres de xaneiro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a Deputación Provincial de Lugo, esta estrada comunica a localidade do Incio co val de Lóuzara que ten unha grande actividade económica e así mesmo supón o enlace coa cidade de Monforte de Lemos, polo tanto a estrada O Incio-Foilebar é un eixe fundamental nas comunicacións comarcais. O tramo que se vai acondicionar no proxecto vai dotado de beirarrúas xa que atravesa a localidade da Cruz do Incio e serve de acceso á residencia de persoas da 3ª idade, que se ven obrigadas a transitar pola calzada co conseguinte perigo.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución da obra número 182 Plan Operativo Local 2001, O Incio-Foilebar, acondicionamento e alargamento do punto quilométrico 0 ó 0,52.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais