Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de rectificación de erro material no Plan parcial Cambeses (expediente 3577/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 25 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aproba-la rectificación do erro material e aritmético detectado na superficie do Plan parcial do PAU Cambeses, aprobado definitivamente o 2-3-1998, de conformidade co solicitado pola xunta de compensación e na memoria e planos asinados polo arquitecto J.A. Visier Gil, visados polo COAG o 18-1-2002 (expediente 3577/411).

Segundo.-Publicar este acordo no BOP e no DOG. Notificárlle-lo seu contido íntegro ós propietarios incluídos no ámbito do plan parcial, así como á CPTOPV da Xunta de Galicia, con indicación de que contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e da publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 8 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo