Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

ANUNCIO.

Aprobadas polo Pleno Municipal, en sesión do 1 de marzo de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso en procedemento aberto, trámite de urxencia das obras beirarrúas e reparación de piscina en Vilaseca do F.C.L. 2002, sométese a través do presente anuncio á preceptiva información pública polo prazo de catro días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que poidan ser examinadas e, se é o caso, alegadas.

Tamén se anuncia, ó mesmo tempo, o correspondente concurso, coa advertencia de que o acto lici

tatorio será demorado canto sexa preciso, no suposto de que o prego de cláusulas resulte alegado.

Anuncio de licitación

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Concello de Trasmiras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: realización das obras beirarrúas e reparación de piscina en Vilaseca.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

59.825,83 A (cincuenta e nove mil oitocentos vintecinco euros con oitenta e tres céntimos).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Secretaría do Concello de Trasmiras, en horario de 9 a 14 horas (agás sábados).

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de Trasmiras, rúa Otero Pedrayo nº 174, Trasmiras. Tlfno.: 988 44 50 96 e fax: 988 44 50 00.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo de presentación: ata o 13º día natural contado desde o día seguinte ó da publicación no BOP ou no DOG das 9 ás 14 horas (agás sábados). Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de Trasmiras.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente:

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Trasmiras, 7 de marzo de 2002.

O alcalde

Rubricado