Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Municipal do 27 de marzo de 2002, acordouse proceder á contratación dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toques, mediante concurso de consultoría e asistencia técnica con procedemento aberto, expoñendo ó público durante o prazo de 8 días os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán para a contratación do citado plan de ordenación municipal, simultáneamente anúnciase o concurso, que se aprazará no suposto de que se presenten reclamacións contra os pregos de cláusulas administrativas e técnicas.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Toques.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toques.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 64.258,72 euros.

5. Financiamento.

Subvención da Xunta de Galicia por importe de 44.981,11 euros, que se distribuirá nas seguintes anualidades:

ano 2002: 11.020,37 euros.

ano 2003: 13.269,43 euros.

ano 2004: 17.683,39 euros.

Achega municipal: 19.277,61 euros.

6. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

7. Documentación e información.

No Concello de Toques de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de solicitudes.

8. Pregos de cláusulas administrativas.

Formarán parte do contrato e da licitación o prego de cláusulas económico-administrativas, o prego de prescricións técnicas, o anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares e as condicións particulares da resolución da concesión de subvención o concello, todas elas aprobadas polo Pleno Municipal o día 27 de marzo de 2002.

9. Presentación das ofertas.

O prazo de presentación de ofertas será de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte á última data de publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, debendo presentarse en tres sobres A, B, C, coa documentación esixida nas bases da convocatoria, e presentaranse na secretaría do concello ata as 13 horas do último día do prazo.

10. Apertura das ofertas.

No Concello de Toques, o segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de plicas.

Toques, 27 de marzo de 2002.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde