Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 75 do 3 de abril, aparece publicado o texto íntegro da corrección de erros na ordenanza 3.7.8. do Plan Xeral de Ordenación Muni

cipal que foi aprobado definitivamente o 13 de maio de 2000. A dita corrección de erros afecta os datos que figuran nas táboas da referida ordenanza por terse detectado un erro na medición do sector sur-4 que non altera os límites grafiados no plan xeral.

O que se fai público para os efectos oportunos, facendo constar que contra este acordo, poderá interpoñerse ante o Pleno Municipal recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, todo iso de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de RXAP e PAC e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da XCA.

Non poderá interpor este último de ter utilizado o primeiro e ata que fose resolto o antedito recurso de reposición na forma expresa ou presunta e sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

O Pereiro de Aguiar, 5 de abril de 2002.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde