Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: dotación de nova capa de rodadura á estrada da Viaxe-Sucamiño-Grandal.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: (co IVE), 96.536,80 euros.

6. Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOP do 4 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: ó terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 2 de abril de 2002.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente