En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976,
do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.
Advírtese ós interesados de que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.
A resolución firme do contrato implicará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, podrá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 11 de marzo de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Julio e Rubén López Martínez (herdeiros de José A. López Calviño) e Esperanza Martínez Perdomo.
Expediente C-1-CD/79 (desafiuzamento F.P. 117/2001).
Conta 147.
O Birloque, bloque 4, P-4, 7º A, A Coruña.
Importe débeda: 17.461,48 euros.