Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións de expedientes de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-82/010, conta 89).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio

coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

A dita resolución ordena o lanzamento de Andrés Rodríguez Sardiña e outra da vivenda que ocupan, sita en Ferrol, rúa Mestre López Dafonte, portal 8, escaleira I, piso 3º esq., polígono de Esteiro-Telleiras (expediente C-82/010, conta 89) outorgando un prazo previo ó dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario, nomeado para o efecto, polo director xeral do IGVS, coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 11 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 51/2001 (ocupación s/título).

Expedientado: Andrés Rodríguez Sardiña e outra.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, portal 8, escaleira I, 2º esq., polígono de Esteiro-Telleiras (Ferrol).

(Expediente C-82/010, conta 89).