Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ANUNCIO do 11 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, polo que se fai pública a corrección de erros dos pregos de cláusulas administrativas particulares de dous concursos convocados por resolucións do 22 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 66, do 5 de abril, páxinas 4.380 e 4.381).

Advertidos erros nas follas de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen as contratacións da subministración de catro servidores informáticos (C1/2002) e da subministración de ordenadores persoais, o seu software de base e impresoras (C2/2002) é necesario facer públicas as oportunas correccións:

No punto 7.3.2 das devanditas follas, onde di: «Oc= (36-Mv) x Cv + (Vi x 0,001)», debe dicir: «Oc= (36-Mv) x Cv + (Vi x 0,01»).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais