Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación de expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación 5/2002.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo

que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 12 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 5/2002.

Expedientado: Mª Dolores Lema Veira e herdeiros.

Último domicilio coñecido: polígono de Elviña, 2ª fase, bloque 17, P-1, 9º B, A Coruña.

(Expediente C-40-IV/76, conta 210).