Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-EN-2001/37 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, estase a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación; poderá examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 6 de marzo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

Expediente: P-EN-2001/37.

Denunciado: Fernando Tomás Domínguez Santiago, Enderezo: r/ Lourizán Carbolle, nº 30, A Coruña.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo tipo motocicleta, marca Honda, modelo CBR 600 F, con

matrícula PO-7968-AG nas dunas, existindo un cartel informando da prohibición á entrada do lugar, non se puido localiza-lo conductor para notificarlle a infracción.

Feitos denunciados o 13 de agosto do 2001 ás 12.15 horas nas dunas de Barra en Hío-Viñó-Barra no municipio de Cangas.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Alegacións á incoacion: non presenta ningún escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 28-1-2002.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28-1-1999 polo que se declaran as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral e coa Orde do 7 de novembro de 2000 pola que se prorroga a declaración provisional.

Precepto sancionador: 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 60,10 euros.