Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 063/01C e OU 064/01C, por infracción da Lei de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 4 de marzo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 063/01C.

Denunciado: José Manuel Díaz Vieira.

DNI: 34992879N.

Último enderezo coñecido: avda. de Castela, nº 69-3º D, Verín, Ourense.

Feito probado: organizar un gancho sen deixar no lugar de reunión o plano coas manchas para bater.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Instructora: Míriam Areal López.

Expediente: OU 064/01C.

Denunciado: José Benito Quintas Morales.

DNI: 34590442Y.

Último enderezo coñecido: avda. de Portugal, nº 88, Ourense.

Feito probado: adestrar tres cans de caza sen acreditar que dispoñen de cartilla sanitaria.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 57.35º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 60,10 euros.

Instructora: Míriam Areal López.