Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da do 12 de marzo de 2002, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Resolución do 12 de marzo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo IV-categoría 004 (coidador auxiliar, auxiliar de fogar) pola quenda de acceso libre a Flora Galego Pacín con DNI nº 35255513-D.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública