Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

Con data do 20 de marzo o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 19 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiadas, mediante contratos de arrendamento financeiro, para as peque

nas e medianas empresas, someténdose ó establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación

de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO 1

Convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a entidade de crédito...

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e doutra parte por... (en diante a entidade de crédito) representada por..., con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conscientes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. A axuda consiste na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito colaboradoras e acollidos ó presente convenio.

Para este fin, as entidades de crédito poderán subscribir contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata unha contía máxima total de 36.060.726,26 euros para o exercicio 2002. Para 2003, o Igape determinará e publicará no Diario Oficial de Galicia o importe máximo de contratos que se subscribirán para ese ano, condicionándose a concesión de novas operacións á dita publicación.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Cláusula 1ª.-Obxecto e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na súa totalidade ó establecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas

no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamiento operativo.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo ós orzamentos do Igape 2002 e 2003, condicionándose a súa concesión á existencia previa de crédito adecuado e suficiente. Para as solicitudes presentadas durante o ano 2002, as axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/01/08.656700, cun crédito de 2.063.797,43 euros para o período 2002-2007.

Para o ano 2003, o Igape publicará no DOG o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e a partida orzamentaria asignada ó seu financiamento, condicionándose á dita publicación a concesión das axudas.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 abril de 1996. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal e como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes aquelas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME. Este limiar poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

Para o cálculo dos límites contemplados nas alíneas a) e b) engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis dos seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acreditar esta circunstancia segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

2. As empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto anterior e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por importe a subsidiar superior a 841.416,95 euros deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións de establilidade laboral en relación ós centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: alomenos ó 35% do cadro de persoal correspondente á data de solicitude, teña contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse a acadar, como mínimo, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar, como mínimo, o 35% de estabilidade laboral, á expiración do prazo de seis meses desde a resolución de concesión da axuda establecido na cláusula 8.4.3.

Para os efectos deste convenio, enténdese como empresa de nova creación aquela que fose constituída con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano anterior ó da presentación da súa solicitude no Igape, ou para o caso de empresarios individuais, que iniciasen a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

No caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida reducirase ó 33%.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán realiza-lo proxecto investidor en Galicia. Non obstante o anterior, poderán acollerse a estas axudas empresas radicadas en Galicia que realicen investimentos no resto de España destinados ó establecemento ou ampliación de redes comerciais ou de distribución propias, sempre que, a xuízo do Consello de Dirección do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico.

Cláusula 4ª.-Actividades incentivables.

Considéranse incentivables as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións nestas establecidos.

Cláusula 5ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros, e dirixidos á mellora da competitividade das Pemes.

Cláusula 6ª.-Entrada en vigor e prazo de presentación de solicitudes.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades financeiras será o seguinte:

-Para o ano 2002, desde a data de entrada en vigor ata o 30 de novembro dese ano.

-Para o ano 2003, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

Cláusula 7ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

7.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros e dirixidos á mellora da competitividade das Pemes, e serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

a) Maquinaria e as súas instalacións técnicas (agás plantas de coxeración de enerxía).

b) Ferramenta e utensilios.

c) Mobiliario e equipos de oficina.

d) Equipos para procesos de información.

e) Aplicacións informáticas, sempre que non superen o 25% do investimento total subvencionable.

f) Elementos de transporte interno.

g) Elementos de transporte externo, unicamente para empresas de transporte público, e só os activos que supoñan unha renovación dos existentes.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

7.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa vixencia, e por un mínimo de 5 anos desde a formalización do contrato de arrendamento financeiro, debendo a empresa beneficiaria comprometerse a exerce-la opción de compra no momento da expiración do contrato subsidiado.

Cláusula 8º.-Características das operacións de leasing.

8.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 60.101,21 euros.

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 3.005.060,52 euros.

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

8.2. Duración dos contratos.

Os contratos de arrendamento financeiro terán unha duración mínima de 2 anos e máximo de 5 anos.

8.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega inicial a conta do total que se vai financiar, por parte do arrendatario, mínima do 5%.

8.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

8.4.1. O tipo de xuro será o seguinte:

-Operacións con prazo entre 24 e 36 meses: o tipo de xuro deberá ser fixo durante toda a vida do contrato.

-Operacións con prazo entre 37 e 60 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo durante toda a vida do contrato, ou

-Tipo de xuro variable.

Para operacións a tipo fixo solicitadas durante o ano 2002, este será do 4,90%.

Para operacións a tipo fixo solicitadas durante o ano 2003, este será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través do presente convenio fíxase para o ano 2002 no 4,55%.

Segundo.-Para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para cada ano será a media aritmética simple dos tipos diarios do euribor a prazo de 6 meses, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ó tipo de referencia, o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por euribor (Euro Interbank Offered Rate=tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e

Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecese o euribor, o tipo de xuro variará por anos naturais, de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ó abeiro deste convenio poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima do 1%. Esta comisión non será subvencionable.

8.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

a) A subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro non pasará dos 3 puntos e os criterios utilizados para a súa determinación serán os seguintes:

1. Actividades subvencionables: 1,50 puntos.

2. Actividades preferentes: 2 puntos.

3. Por localización do proxecto investidor en zona preferente: 0,50 puntos. Considéranse zonas preferentes as provincias de Lugo e Ourense; as comarcas de Ferrol, O Eume e Ortegal na provincia da Coruña (anexo II) e os parques empresariais de promoción pública.

4. Por creación de emprego: 0'50 puntos. Para estes efectos teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes na data de solicitude.

b) Os novos postos de traballo deberanse crear entre o período que media desde a data de solicitude e ata 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda.

c) O emprego a crear comprometido deberá manterse durante, polo menos, dous anos a partir da expiración do prazo de 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda.

d) Para os efectos deste convenio computaranse para a creación e mantemento de emprego, os traballadores por conta allea. Así mesmo poderase

admitir, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social, de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular. Considérase o emprego por conta propia coma emprego fixo.

8.4.4. Para os efectos de aplicación da subsidiación, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%, agás aqueles proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que o citado tipo non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós ditos límites, reducirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As variacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites, serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, non provocando ningunha variación nos puntos de subsidiación.

8.4.5. Condicións da entrega a conta e das cotas de arrendamento financeiro.

Deberá facerse unha entrega inicial a conta do total que se vai financiar, por parte do arrendatario, mínima do 5%. Este importe non incorporará ningunha carga financeira.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades de crédito, no modelo normalizado que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntarase a documentación establecida no anexo III por duplicado exemplar. A documentación deberá presentarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade de crédito.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación das sociedade civil ou comunidade de bens.

9.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas contempladas no presente convenio apoderan a entidade de crédito para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa no presente convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade de crédito coma se fose propia da empresa solicitante.

9.3. O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a consellería sectorial correspondente por actividade.

-Terceira copia para a entidade de crédito, e

-Cuarta copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregando ó solicitante a correspondente copia. A entidade de crédito deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez seladas polas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de leasing.

As entidades de crédito remitirán ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, xunto coa comunicación de concesión do leasing segundo o modelo establecido en anexo IV e das correspondentes táboas de amortización. Así mesmo, remitirá á consellería sectorial o seu correspondente exemplar da solicitude coa documentación. A presentación no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será:

-Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á entidade de crédito para o ano 2002, o 30 de decembro dese ano.

-Para operacións solicitadas con cargo á cantidade asignada á entidade de crédito para o ano 2003, o 30 de decembro dese ano.

As solicitudes presentadas fóra destes prazos serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade de crédito toda a responsabilidade polos prexuízos que isto puidera supoñer á empresa solicitante.

9.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

9.5. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos neste convenio, ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase ó solicitante e á entidade de crédito para que, no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ó requirimento, se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario se considerará desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade de crédito realizarase vía fax.

9.6. Nos casos en que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe da consellería sectorial correspondente, en relación ó cumprimento por parte dos proxectos de investimento da normativa específica que resulte aplicable.

9.7. Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de dictar proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan

alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

9.8. A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarán proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá ós puntos de subsidiación propostos, tipo mínimo a cargo do beneficiario, importe, prazo e condicións financeiras do contrato de arrendamento financeiro, o importe do investimento subvencionable e porcentaxe de financiamento proposto. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

9.9. O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade de crédito, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o dito prazo sen que se notificase resolución expresa poderá entenderse estimada.

9.10. As axudas concedidas ó abeiro do presente convenio con proxectos que superen os 300.506,05 euros serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Regulamento 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

9.11. A entidade de crédito e o solicitante deberán formaliza-lo contrato de arrendamento financeiro mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

9.11.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de

solicitude no Igape, poderá formaliza-los contratos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo o modelo que se xunta (anexo V), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, á dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade de crédito copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización á formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de leasing formalizado anticipadamente, de acordo co establecido no punto anterior, deberase facer mención, polo menos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste Instituto; que o Igape autorizou a formalización do contrato, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que o contrato de leasing quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión da axuda que, se é o caso, no seu día se dicte.

No caso de que a resolución de concesión contemple condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

9.11.2. Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-las características establecidas nela ou ben incorpora-la dita resolución como anexo ó contrato.

9.11.3. En calquera caso, no contrato de arrendamento farase referencia expresa ó importe da entrega inicial a conta do total que se vai financiar, establecerase claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios.

9.11.4. O prazo máximo para a formalización ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 5 meses contado desde o día seguinte ó da data de notificacion da concesión ó beneficiario. Rematado o dito prazo sen que se formalizase, ou se é o caso adaptase, o contrato, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando

a conformidade da entidade de crédito, o Igape autorizase a dita prórroga.

Cláusula 10ª.-Xustificación do proxecto e do mantemento e creación de emprego.

10.1. Xustificación do proxecto.

A entidade de crédito deberá remitir ó Igape a seguinte documentación: copia cotexada do contrato formalizado e, se é o caso, o correspondente anexo; certificación da carga financeira ós puntos subsidiados nos termos referidos na cláusula 11ª, xunto coas correspondentes táboas de amortización; copia cotexada dos documentos que xustifiquen o investimento; certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, subscrito polo arrendatario; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra á expiración do contrato, así como declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, segundo modelo do anexo VII.

A remisión ó Igape da documentación xustificativa citada no punto anterior resultará necesaria para proceder ó pagamento da subsidiación aprobada.

10.2. Proxectos correspondentes a contratos de arrendamento financeiro por importe superior a 841.416,95 euros.

De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve ó réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para contratos de arrendamento financeiro por importe a financiar superior a 841.416,95 euros substitúese por xustificación documental consistente na copia cotexada do contrato de arrendamento financeiro formalizado, certificación de conformidade coa entrega do ben arrendado e copias cotexadas de documentación xustificativa da realización do investimento. Iso sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outra actuación de control e inspección que poida considerar oportuna.

10.3. Xustificación da creación de emprego.

Unha vez xustificada a realización do investimento e transcorridos 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda, o beneficiario deberá remitir ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

10.4. Xustificación do mantemento de emprego.

Unha vez transcorridos dous anos desde o prazo límite para a creación de emprego establecido na cláusula 8.4.3.4, o beneficiario deberá remitir ó Igape a seguinte documentación acreditativa do mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición a que se refire o punto 2 da cláusula 2ª,

o Igape, igualmente, comprobará que se alcanzaron os niveis de estabilidade laboral esixidos.

Cláusula 11ª.-Liquidación e pagamento da subsidiación.

O importe da subvención calcularase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización nos que se tomará como tipo de xuro os puntos de subsidiación concedidos e como prazo o do total do contrato. O total da columna carga financeira así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano que se vai liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable a liquidación da subsidiación será anual e polo importe correspondente ó ano que se vai liquidar. Se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida na cláusula 8.4.4 deste convenio, efectuarase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase anualmente a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado, ante o Igape, xunto coa solicitude de cobro da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período que se vai liquidar e importe da subvención solicitada, así como, no caso de limitación de subsidiación, de acordo co establecido na cláusula 8.4.4, novo cadro de amortización.

A solicitude de liquidación presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 12ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, as prórrogas de prazo establecidos neste convenio solicitaranse ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo que se vai ampliar, co obxecto de que o Instituto poida resolvela con anterioridade á súa expiración.

Cláusula 13ª.-Modificacións.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

13.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros e os novos elementos ou circunstacias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, xunto coa memoria xustificativa e, se é o caso, coas novas facturas pro forma ou documentación análoga, presentaranse ó Igape a través da entidade de crédito. No caso de que a modificación implique variacións no proxecto de investimento, terán que presentarse en todo caso con anterioridade á formalización do contrato subsidiado.

13.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumenta-la contía do contrato subsidiable inicialmente aprobado.

13.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación da totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do contrato subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 13.2.

13.5. O presidente do Igape poderá autorizar por instancia do beneficiario, a formalización do contrato con entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade de crédito, e xuntarase nova comunicación de concesión de contrato e declaración xurada de inexistencia de variacións na restante documentación do expediente.

13.6. O presidente do Igape poderá autoriza-la cancelación anticipada do contrato subsidiado, sempre que o contrato cumpra o prazo mínimo establecido no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades, e se exerza a opción de compra polo beneficiario. O beneficiario, a través da entidade de crédito, deberá comunicar ó Igape a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. A cancelación anticipada implicará a perda da subsidiación do Igape desde a data de cancelación.

Cláusula 14ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito por incumprimento do contrato polo beneficiario, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da admisión a trámite das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no

caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de reclamación ou admisión a trámite no xulgado.

Así mesmo, a entidade de crédito deberá comunicarlle ó Igape a mora ou falta de pagamento das cotas por parte do beneficiario, circunstancia que suporá a retención da subsidiación por parte do Igape mentres o beneficiario non regularice a situación.

2. Procederase ó reintegro, total ou parcial, das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exerce-la opción de compra.

f) Cando o importe das axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade da axuda establecido pola normativa comunitaria.

O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

A falta do exercicio da opción de compra polo beneficiario implicará incumprimento total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades que se reintegrarán terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobro, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e as entidades de crédito colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 15ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos

ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente, e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada -agás as referidas no punto anterior- pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade da axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en euros os valores absolutos das subvencións que se van percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 16ª.-Control.

Os beneficiarios das axudas esteblecidas neste convenio quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 17ª.-Obrigas das entidades de crédito.

A entidade de crédito asinante deste convenio comprométese a:

a) Aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata unha contía de ... euros para o ano 2002. Para o ano 2003 este límite será comunicado polo Igape. A aprobación de contratos por importe superior ó máximo total establecido deberá ser previamente autorizada polo Igape. Non obstante, tal límite poderá ser ampliado ou reducido en outubro de cada ano, por acordo expreso da entidade de crédito e o Igape, en función do seu grao de execución no tempo transcorrido.

b) Para efectos de seguimento e control da execución do convenio, a entidade de crédito remitirá por escrito ó Igape antes do 5 de outubro de cada ano, a relación de peticionarios referida ó derradeiro día hábil do mes de setembro, ós que lle foron concedidos contratos, engadindo, de se-lo caso, a relación de solicitudes que estean en trámite. Para as solicitudes aprobadas, deberá detallarse número de expediente e o importe que se vai financiar. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do

15 de decembro de cada ano referida ó 30 de novembro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

d) Manter á dispoción do Igape a documentación relativa á persoalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 16ª.

Cláusula 18ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da contraria, cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 19ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de maneira periódica.

Cláusula 20ª.-Publicidade.

As entidades de crédito asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades de crédito sobre este convenio, deberán contar coa previa autorización do Igape.

Cláusula 21ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondéndolle ó presidente do Igape a interpretación do seu contido.

Pola entidade de crédito...:

Asdo.:

DNI:

Polo Igape:

Asdo.: José Antonio Orza Fernández

Presidente do Igape.

ANEXO 2

Relación de entidades de crédito colaboradoras:

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor, S.A.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Banesto, S.A.

Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.

Bansabadell Leasing, E.F.C.

Banco Santander Central Hispano

Banco Popular Español

Banco de Galicia

Caixa Galicia

Banco Gallego

Banco Espirito Santo

Banco Urquijo

Banco Atlántico, S.A.

Banco Simeon

Banco Zaragozano

Leassing Catalunya, S.A.

Caja de Pensiones y Ahorros de Barcelona La Caixa

Financia Banco de Crédito, S.A.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA