Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.927

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de abril de 2002 pola que se establecen os programas de fomento do emprego en empresas de economía social, para a promoción do emprego autónomo e para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo.

As diversas medidas de promoción do emprego postas en práctica pola Comunidade Autónoma complétanse con medidas específicas de fomento da cultura emprendedora e de apoio a actividades e iniciativas englobadas baixo o concepto de economía social.

As distintas fórmulas de autoemprego colectivo promovidas polos traballadores asociados en cooperativas ou sociedades laborais, a creación do seu propio posto de traballo constituíndose en autónomo, reveláronse tradicionalmente como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra productiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

O fomento das fórmulas de economía social, sen que isto supoña interferir na libre competencia, é unha obriga dos poderes públicos, recollida no artigo 129.2º da Constitución española, e recomendado no dictame 89/C298/16 do Comité Económico e Social da Comunidade Económica Europea.

No título VII da Lei 13/1982, de integración social do minusválido, establécese como finalidade primordial da política de emprego de traballadores minusválidos a súa integración no sistema ordinario de traballo ou, no seu defecto, a súa incorporación ó sistema productivo mediante fórmulas especiais de traballo protexido como son os centros especiais de emprego, tamén como fórmula alternativa ó traballo por conta allea o autoemprego constitúe un elemento eficaz para a inserción socio-profesional das persoas con discapacidade.

Neste contexto e como unha das actuacións do plan de medidas dirixidas a favorece-la inserción laboral das persoas con discapacidade inclúense axudas e subvencións para a creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego, en canto constitúen iniciativas eficaces que xeran emprego para o dito colectivo e son un instrumento adecuado para a inserción posterior no mercado ordinario de traballo. Tamén, e co mesmo obxectivo de contribuír á integración laboral deste colectivo, establécese unha liña de incentivación ó emprego autónomo dirixida en exclusiva ós traballadores con discapacidade desempregados. Desde a perspectiva do acceso ó emprego, o dito marco de incentivos complétase coa normativa reguladora do programa de fomento da contratación indefinida das persoas con

discapacidade dirixido a promove-la incorporación deste colectivo na empresa ordinaria.

Segundo o establecido no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ó Traballo, e segundo as disposicións adicionais terceiras das ordes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro e do 29 de decembro de 1998, a xestión das axudas dos diversos programas para a creación e o mantemento do emprego recollidas nelas.

Nesta orde regúlanse os ditos programas na súa adaptación ás actuais circunstancias e ás directrices emanadas do Consello Europeo Extraordinario de Luxemburgo establecendo o marco da actuación para o desenvolvemento da economía social e do autoemprego e para a integración laboral das persoas con discapacidade, introducíndose innovacións e axustes de cáracter técnico na liña de reforza-la esixencia da análise da viabilidade dos proxectos empresariais de xeito que se incorporen ó tecido empresarial con maiores garantías de permanencia.

Os programas de fomento do emprego en empresas de economía social, de promoción do emprego autónomo e o de integración laboral das persoas con discapacidade e traballo autónomo agrúpanse nunha soa orde por razóns de índole técnica e de xestión administrativa; non obstante, para mante-la súa identidade e a especificidade de cada un deles recóllense en anexos independentes as características propias de cada programa.

Esta convocatoria axústase ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en especial, no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas públicas e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento dos programas regulados nesta orde, entre outros, será con cargo ós créditos que figuran nas aplicacións orzamentarias 14.04.241A.473.0, cun crédito de 6.922.265 euros, 14.04.241A.470.0, cun crédito de 375.633 euros, 14.04.241A.471.0, na que figura un crédito de 13.341.735 euros e 14.04.241B.475.0, cun crédito de 13.731.684 euros, cantidades prorrogadas polo Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidad Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o exercicio 2002; e sen prexuízo da posible ampliación futura de crédito, unha vez aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002. As ditas contías constitúen o importe global destas aplicacións para o financiamento desta orde, da orde que regula os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral

e familiar e das demais ordes que establecen as bases das medidas de fomento do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social incluídas nos programas orazamentarios 241A e 241B.

Así mesmo, os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou polas disposicións aplicables ás axudas confinanciadas polos Fondos Europeos.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixa-las bases reguladoras das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de apoia-lo emprego en cooperativas e sociedades laborais, incentiva-lo traballo autónomo por conta propia así como promove-la integración laboral das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

-Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (anexo A).

-Programa de promoción do emprego autónomo (anexo B).

-Programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego (anexo C).

-Programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade (anexo D).

2. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B, C e D desta orde e forman parte integrante dela.

3. Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e pola súa vez carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

4. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta orde.

5. Estes programas financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias 14.04.241A. 473.0, 14.04.241A.470.0, 14.04.241A.471.0 e 14.04.

241B.475.0.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 2º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponderalles:

a) Ós delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.

b) Ó director xeral de Fomento do Emprego, cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver en máis dunha provincia desta Comunidade Autónoma e cando se trate de solicitudes de axuda para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego.

Artigo 3º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nos distintos programas dirixiranse ó órgano competente para resolver e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro. Malia o anterior, deberán respectarse en todo caso os prazos específicos previstos nesta orde para algúns tipos de axuda (anexo A, bases 4ª e 5ª; anexo B, base 5ª; anexo C, base 9ª; anexo D, base 5ª) e para as situacións ás que se refire a disposición adicional quinta desta orde.

Artigo 4º.-Emenda da solicitude.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente requirirán ó interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas correspondentes intervencións, as resolucións serán dictadas polo órgano correspondente e deberán serlles notificadas ós interesados. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre motivadas.

2. O prazo para resolver será de tres meses que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se dictase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño,

de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que dictou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Criterios de valoración.

Cando se trate de axudas vinculadas á creación directa de emprego valorarase especialmente, agás a coincidencia nos programas específicos dirixidos a determinados colectivos, as seguintes circunstancias:

1. As solicitudes formuladas ou que afecten a membros de colectivos con especial dificultade para acceder ó traballo, que sexan desempregados: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, discapacitados ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

2. A incidencia social e sobre o emprego no contorno xeográfico no que se desenvolva a actividade, con especial consideración cando supoñan a implantación de actividades de servicios de utilidade colectiva, de lecer e culturais, ou de servicios personalizados de carácter cotián e social, encadrables nos novos viveiros de emprego.

Artigo 7º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ó abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario.

Os peticionarios das axudas e subvencións previstas nesta orde deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para un mesmo proxecto, ou, de se -lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Así mesmo, na fase de xustificación do pagamento deben achegar unha declaración complementaria e actualizada co mesmo contido que a descrita no parágrafo anterior.

2. As axudas pola incorporación de socios traballadores ou de traballo serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que poidan concederse pola mesma causa e concepto ó abeiro doutros pro

gramas de fomento do emprego, agás as bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

3. As axudas e subvencións establecidas para cada programa son incompatibles coas establecidas para os demais programas previstos nesta orde.

4. Non se poderán imputa-los mesmos gastos ós distintos tipos de axuda previstos nesta orde, agás nos supostos de rendas para o inicio da actividade, nos que só se utilizan como parámetro para o cálculo da contía da subvención.

Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Acreditaren, previamente ó cobramento, que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Realizaren a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente.

c) Comunicárenlle ó organo concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de se-lo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

d) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 9º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 10º.-Revogación.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas

e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 11º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Fomento do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realiza-las ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para comproba-lo cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nos diferentes programas desta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Fomento do Emprego, para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autoriza-los gastos e ordena-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Coa finalidade de fomenta-la cultura emprendedora, o autoemprego e as diversas fórmulas da economía social, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá realizar, con medios propios ou alleos, actividades de formación, investigación, divulgación e difusión.

Quinta.-Agás as axudas e subvencións ó custo salarial e á bonificación de cotas á Seguridade Social para o mantemento de centros especiais de emprego que se rexerán pola súa regulación específica, así como as de creación e ampliación de centros especiais de emprego para as que rexe o prazo xeral establecido no artigo 3º, as accións subvencionables ó abeiro desta orde que se iniciaran nos meses de outubro, novembro e decembro do ano 2001 poderán acollerse ás axudas previstas nela, e o prazo para

a presentación das ditas solicitudes remata o 31 de maio de 2002.

As solicitudes de axudas e subvencións que deban presentarse no prazo de dous meses desde que se produce o feito subvencionable que se iniciasen no ano 2002 antes da entrada en vigor desta orde poderán presentarse ata o 31 de maio de 2002.

Sexta.-A comprobación da condición de minusválido realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración, distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sétima.-As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria correspondentes ó exercicio anterior, que non puideron ser atendidas por falta de dispoñibilidades orzamentarias e reunisen os requisitos establecidos nelas, e/ou se é o caso, realizasen o investimento obxecto da axuda, poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios que financian esta orde.

Oitava.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario, tendo como límite global o crédito asignado nas aplicacións 14.04.241A.473.0, 14.04.241A.470.0, 14.04.241A.471.0 e 14.04.241B.475.0, que figura na prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001, para o exercicio do ano 2002, fixado na exposición de motivos desta disposición, e sen prexuízo da posible ampliación futura do crédito, unha vez aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Novena.-Nas solicitudes que se presenten ó abeiro dos programas de autoemprego individual ou colectivo previstos nesta orde, indicarase expresamente se tamén se solicitaron ou se van solicita-las axudas previstas no Programa Emega, xestionado polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De se-lo caso, a documentación coincidente de ámbolos dous programas só será preciso presentala unha vez xunto coa solicitude que se realice ó abeiro desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO A

Programa de fomento de emprego en cooperativas

e sociedades laborais

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é promover accións e facilitar axudas e subvencións que contribúan á creación ou mantemento de postos de traballo en coo-

perativas e sociedades laborais xa en funcionamento ou de nova creación que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa as cooperativas e sociedades laborais que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma galega e estean debidamente inscritas no correspondente rexistro, e/ou os seus socios traballadores ou de traballo.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais, inclúense os seguintes tipos de axudas e subvencións:

-Axudas para a adquisición da condición de socio traballador (base cuarta).

-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo (base quinta).

-Axudas para asistencia técnica (base sexta).

-Subvención financeira (base sétima).

-Axuda excepcional (base oitava).

Cuarta.-Axudas para a adquisición da condición de socio traballador.

1. Poderán concederse subvencións de ata 3.606 euros, en concepto de axudas para a adquisición da condición de socio traballador dunha cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral, a aqueles que no momento de adquiriren a dita condición estean desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego; que sexan menores de 25 anos ou maiores de 25 anos parados de longa duración e non percibisen este tipo de axuda nos catro anos inmediatamente anteriores á data da incorporación na cooperativa ou sociedade laboral.

Para obte-la axuda para a adquisición de socio traballador non poden mediar máis de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ata a data da solicitude. No obstante o anterior, no caso de que a alta se producise no último trimestre do ano anterior ó presente exercicio orzamentario ou no ano 2002 antes da entrada en vigor desta orde, de acordo co establecido na disposición adicional quinta o prazo para a presentación das solicitudes remata o 31 de maio de 2002.

2. Terán a consideración de parados de longa duración os desempregados que leven na dita situación polo menos 12 meses; para estes efectos, considerarase que se cumpre o requisito de permanencia en desemprego, no caso de que o traballador, nese período de 12 meses, realizase algunha actividade laboral por un período non superior a 60 días.

3. Non obstante o anterior, poderán ser beneficiarios desta axuda os traballadores maiores de 25 anos desempregados, con independencia do tempo

de permanencia na dita situación, se pertencen a algún dos seguintes colectivos:

a) Desempregados menores de 30 anos que busquen o seu primeiro emprego.

Para estes efectos, entenderase que buscan o seu primeiro emprego aqueles que non realizasen con anterioridade ningunha actividade laboral, por conta propia ou allea, durante un período superior a 180 días ininterrompidos ou 360 con interrupción, excluídos os contratos de inserción e os contratos para a formación, calquera que sexa a súa duración, que non se terán en conta para o cómputo da experiencia laboral acumulada.

b) Mulleres desempregadas que accedan ó seu primeiro emprego ou que se incorporen en profesións ou oficios con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998.

c) Desempregados maiores de 45 anos.

d) Desempregados que realizasen, no ano da presentación da solicitude ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de traballo ó que se incorporan.

e) Desempregados que participasen, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu contido co posto de traballo ó que se incorporan; ou ben, que traballasen, no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior, en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.

f) Traballadores que, para manteren o seu posto de traballo, adquiran os bens inventariables da empresa na que prestaban os seus servicios e adopten a forma xurídica de cooperativa ou sociedade laboral.

g) Os perceptores da prestación de desemprego na súa modalidade de pagamento único.

h) Traballadores con discapacidade.

4. A contía da axuda para a adquisición da condición de socio traballador en ningún caso poderá ser superior á cantidade que teña que desembolsar como contribución inicial pola adquisición da dita condición.

Quinta.-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

1. Poderán acollerse ás axudas previstas nesta base as cooperativas e sociedades laborais que, reunindo os requisitos e condicións sinalados no número 4 desta base, incorporen como socios traballadores ou de traballo as persoas nas que, no momento da integración, concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, pertencentes a algún dos colectivos relacionados na base cuarta deste anexo.

b) Traballadores vinculados á empresa por contrato laboral de carácter temporal vixente o 15 de xaneiro de 1999 e que se incorporen sen ruptura de continuidade como socios traballadores ou de traballo.

2. A contía desta axuda será de ata 3.005 euros por cada persoa que se incorpore como socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral.

No suposto de persoas vinculadas á empresa por contrato temporal e que se incorporen como socios traballadores ou de traballo, a contía da axuda será de ata 3.005 euros por socio, co límite de dez socios por entidade beneficiaria.

No caso de desempregados minusválidos, a contía da axuda será de ata 9.015 euros.

3. As axudas previstas nesta base terán que solicitarse no prazo máximo de dous meses desde a data da incorporación. Non obstante o anterior, no caso de que a incorporación se producise no último trimestre do ano anterior ó presente exercicio orzamentario, ou no ano 2002 antes da entrada en vigor desta orde, de acordo co establecido na disposición adicional quinta o prazo para a presentación das solicitudes remata o 31 de maio de 2002.

4. A incorporación deberá supoñer un incremento neto de emprego na entidade beneficiaria da axuda.

Será requisito indispensable para beneficiarse desta axuda que a empresa na que se produza a incorporación como socios das persoas citadas nos puntos anteriores non reducise o número de socios traballadores ou de traballo nos doce meses anteriores á data da incorporación.

Non poderá concederse esta axuda cando se trate da incorporación de socios traballadores ou de traballo que desempeñaran con anterioridade tal condición na mesma empresa.

5. As cooperativas e sociedades laborais beneficiarias destas axudas están obrigadas a manter, polo menos durante tres anos, como socios traballadores ou de traballo, as persoas polas que se concedese subvención. No suposto de baixa na sociedade no dito período, teñen a obriga de substituílos por outras persoas nas que concorran algunha das circunstancias recollidas no punto 1 desta base quinta, sen que en ningún caso esta nova incorporación dea lugar a nova axuda. De tratarse dun traballador minusválido, a substitución terá que realizarse con outra persoa con discapacidade.

Sexta.-Axudas para a asistencia técnica.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación, mantemento ou reestructuración das cooperativas de traballo asociado ou sociedades laborais.

Esta asistencia técnica só poderá ser solicitada durante o primeiro ano contado desde a data de constitución da cooperativa ou sociedade laboral e deberán prestala empresas ou persoas físicas especia

lizadas que reúnan garantía de solvencia profesional, e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores, xerentes ou técnicos, por un período máximo dun ano, tendo en conta o previsto para a contratación de asalariados pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais.

-Auditorías e informes económicos sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa.

-Labores de asesoramento nas distintas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que pola súa natureza teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.

A axuda pola asistencia técnica poderá ser subvencionada ata o 50% e non poderá supera-la contía de 18.030 euros por cooperativa ou sociedade laboral, xa se trate dunha ou varias das modalidades de asistencia técnica.

Para poder beneficiarse desta subvención a sociedade deberá xustifica-la necesidade dela e a dificultade para facer fronte ó seu pagamento cos seus propios medios.

Sétima.-Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-lo emprego nas entidades de economía social mediante a reducción de xuros de préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e solicitados a nome das cooperativas ou sociedades laborais. Non obstante, no caso de cooperativas ou sociedades laborais que leven menos dun ano de funcionamento na data de solicitude da subvención, poderá destinarse ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 3.005 euros por socio traballador ou de traballo integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión deste mesmo tipo de axuda.

Oitava.-Axuda excepcional.

1. Poderaselles conceder axudas de carácter excepcional pola creación de postos de traballo en réxime asociativo ás cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais de nova creación, cando

estean constituídas exclusivamente por socios traballadores que, no momento do inicio da prestación do traballo, fosen desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e pertenzan a algún dos colectivos relacionados na base cuarta deste anexo, nunha contía de ata 3.005 euros por cada socio traballador, contía que se determinará en función do investimento en activos fixos.

Para os efectos do establecido no punto anterior, entenderase cumprido o requisito da exclusividade cando a totalidade dos socios traballadores integrantes da entidade pertenzan ós colectivos relacionados, con independencia da dos socios doutro tipo que poidan formar parte da cooperativa de traballo asociado ou da sociedade laboral.

A solicitude de axuda deberá presentarse, en todo caso, antes de que transcorra o primeiro ano da actividade da cooperativa de traballo asociado ou da sociedade laboral. Entenderase que inicia a súa actividade productiva cando cause alta no imposto de actividades económicas.

2. Tamén poderán acceder á axuda excepcional as cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais que incorporen como socios traballadores a desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, nunha contía de ata 3.005 euros por cada socio traballador no que concorra a dita condición, sempre que o investimento en activo fixo, que serve de referencia para a determinación da contía da axuda, se realice para a introducción de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

Solicitudes, documentación e xustificación

Novena.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a este programa e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas:

a) Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF; se é persoa xurídica DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

b) Certificación da inscrición da entidade no rexistro correspondente ou, no seu defecto, solicitude de inscrición. Cando se trate de entidades de nova creación nesta fase ou, se é o caso, na de xustificación do pagamento deberá achegarse alta no IAE.

c) Memoria sucinta en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.

d) No suposto de cooperativas ou sociedades laborais de nova creación deberá presentarse unha memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa elaborado ou informado por un auditor externo á entidade ou por un técnico de emprego pertencente á rede coordinada pola Con

sellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A dita memoria deberá conte-los datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de producción e comercialización, a previsión de postos de traballo que se van crear, un breve currículum dos promotores, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avalia-la viabilidade do proxecto.

A memoria deberá axustarse ós modelos tipo que facilite a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

e) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XVIII).

f) Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XX).

g) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base décima, parágrafo 1º, punto A, letra d) deste anexo (segundo o modelo do anexo XIX).

2. Documentación específica para a axuda para a adquisición da condición de socio traballador:

a) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

b) Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base cuarta, número 3 deste anexo.

c) Certificación da incorporación e documentos de alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, solicitude de ingreso na cooperativa ou sociedade laboral.

d) Certificación emitida pola cooperativa ou sociedade laboral da contía da achega inicial para adquiri-la condición de socio traballador, con indicación do prazo para o seu desembolso.

3. Documentación específica para a axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo:

a) DNI, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, copia do contrato de traballo temporal dos traballadores que se vaian incorporar á entidade como socios.

b) De se-lo caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base quinta, nº 1 a), en relación coa base cuarta deste anexo.

c) Certificado da incorporación e documentos de alta na Seguridade Social ou, no seu defecto, compromiso de incorporación.

No certificado ou no compromiso de incorporación deberá constar expresamente a declaración de que o traballador que se incorpora como socio non tivo con anterioridade na dita entidade tal condición.

d) Certificación da relación nominal dos socios traballadores ou de traballo no ano inmediatamente anterior á data da nova incorporación, con indicación das altas e baixas e na que conste a declaración de que non se reduciu o número de socios traballadores ou de traballo no dito período.

4. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Cando se trate da modalidade de contratación, o currículum vitae da persoa que preste o servicio.

b) E cando se trate de estudios ou de asesoramento, un orzamento detallado e un índice do contido do estudio ou do asesoramento, así como unha memoria da entidade ou o currículum vitae da persoa que realice o estudio ou o asesoramento.

c) No suposto de non ser unha sociedade de nova creación, balance de situación e conta de resultados dos dous últimos exercicios.

5. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela e na que deberán constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XXI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

c) Certificación da relación nominal de socios traballadores, con indicación daqueles que hai que ter en conta para o cálculo da subvención.

d) Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán co préstamo.

6. Documentación específica para as axudas excepcionais:

a) Memoria económica do proxecto, que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela e na que deberá constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número

de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

c) A relación de socios traballadores e copia do DNI de cada un deles, con indicación daqueles polos que se solicita subvención.

d) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

e) Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base cuarta, número 3 deste anexo.

Décima.-Xustificación do pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación xeral e da específica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación xeral:

a) Certificación da inscrición da entidade no rexistro correspondente e alta no IAE, no suposto de entidades de nova creación, no caso de que non se achegase anteriormente.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

e) Declaración complementaria do establecido na base novena, 1 d) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

B. Documentación específica:

a) Cando se trate de axudas para a adquisición da condición de socio traballador, xuntarase a certificación da incorporación á cooperativa ou sociedade laboral e a alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

b) No caso de axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo, xuntarase certificación das incorporacións á cooperativa ou sociedade laboral e a alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

c) Cando se trate da axuda para asistencia técnica na súa modalidade de contratación, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

d) Cando se trate da subvención financeira xuntarase copia do contrato de préstamo e documentos acreditativos da incorporación e alta na Seguridade Social dos socios traballadores.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

e) No caso de axuda excepcional xuntaranse certificacións das incorporacións á cooperativa ou sociedade laboral e alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do interesado.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

Undécima.-Axudas baixo condicións de mínimis.

Os incentivos establecidos neste anexo quedan sometidos ó réxime de axudas de mínimis, polo tanto non poderán excede-los límites cuantitativos (100.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento CE nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE nº L10, do 13-1-2001).

ANEXO B

Programa de promoción do emprego autónomo

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

Este programa ten como obxecto promover e axudar a financiar aqueles proxectos que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolve-la súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa os desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, que procedan a creación do seu propio posto de

traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos por conta propia, sempre que:

-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

-Non percibiran subvencións ó abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

-Non desenvolveran como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores autónomos en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

2. Para os efectos deste programa, tamén terán a consideración de beneficiarios os que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e realicen un traballo por conta allea cunha prestación de servicios inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais, e sempre que cumpran as condicións establecidas no punto anterior.

3. Para os efectos desta orde, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Este programa de promoción de emprego autónomo inclúe os seguintes tipos de axuda:

-Subvención financeira.

-Rendas para o inicio da actividade.

Cuarta.-Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-la creación do seu propio posto de traballo mediante a reducción de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo podendo destinarse ata un 25% a financia-lo activo circulante. Os ditos préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 3.005 euros.

Quinta.-Rendas para o inicio da actividade.

Poderán concederse subvencións de ata 3.606 euros, en concepto de renda para o inicio da actividade, por unha soa vez, para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que non medien máis de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ata a data da solicitude desta subvención. Non obstante o anterior, no caso de que a alta se producise no último trimestre do ano anterior ó presente exercicio orzamentario, ou no ano 2002 antes da entrada en vigor desta orde, de acordo co establecido na disposición adicional quinta, o prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2002.

Con carácter xeral, a contía da renda para o inicio da actividade non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente acreditado.

No caso de que o beneficiario desta renda sexa unha muller, a dita porcentaxe será do 60% e o límite máximo da subvención incrementarase ata 4.808 euros.

Con carácter excepcional, cando concorran razóns de interese social e circunstancias especiais para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderanse conceder axudas en concepto de renda para o inicio da actividade por unha contía máxima de 1.202 euros, sen necesidade de acreditar investimento en activo fixo.

Solicitudes, documentación e xustificación

Sexta.-Solicitude e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a este programa e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, e un deles será orixinal ou fotocopia compulsada, da seguinte documentación:

a) DNI e acreditación do NIF do solicitante.

b) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

De se-lo caso, certificado do colexio profesional dos períodos de alta na mutualidade colexial, con indicación de se presupoñen ou non exercicio da actividade.

c) Alta no imposto de actividades económicas e no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de se-lo caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No seu defecto, compromiso de constituírse como traballador autónomo dentro do ano natural.

d) Memoria económica do proxecto empresarial que inclúa orzamento de investimento e o plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, xunto con facturas ou, no seu defecto, facturas

pro forma ou orzamento dos activos que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes.

e) Nos casos en que se solicite subvención financeira, xuntarase o compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XXI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

f) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XVIII).

g) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XX).

h) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establecen na base sétima, parágrafo 1º, punto A, letra d) deste anexo (segundo o modelo do anexo XIX).

Sétima.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación común e específica que se relaciona nos puntos seguintes:

A. Documentación xeral:

a) Alta no IAE e alta no réxime especial de autónomos da Seguridade Social ou no réxime especial do mar como traballadores por conta propia ou en mutualidade de colexio profesional, de non telo presentado con anterioridade.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

e) Declaración complementaria do establecido na base sexta, f) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes

ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

B. Documentación específica:

a) Cando se trate da subvención financeira de reducción de xuros, xuntarase copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención debera presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

b) Cando se trate da renda para o inicio da actividade, documentación acreditativa, se é o caso, do investimento en activo fixo.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, común ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do interesado.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

ANEXO C

Programa de apoio á creación, ampliación

e mantemento de centros especiais de emprego

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é incentiva-la creación, ampliación e mantemento de emprego nos centros especiais de emprego mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego estable para traballadores con discapacidade desempregados.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro de Centros Especiais de Emprego desta Comunidade Autónoma.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa recóllense as accións subvencionables e tipos de axudas seguintes:

a) Proxectos de creación de centros especiais de emprego e proxectos de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego xa en funcionamento.

-Axudas para asistencia técnica.

-Subvención financeira.

-Subvención en función do investimento en activo fixo.

b) Mantemento de centros especiais de emprego.

-Bonificación de cotas á Seguridade Social.

-Subvención do custo salarial.

-Subvención para a adaptación de postos de traballo.

-Subvención para o saneamento financeiro.

-Subvención para o equilibrio orzamentario.

Cuarta.-Creación e ampliación de centros especiais de emprego.

1. As axudas para creación e ampliación de centros especiais de emprego reguladas nesta orde concrétanse nas seguintes:

a) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación de centros especiais de emprego.

Esta asistencia técnica só poderá ser solicitada durante o primeiro ano contado desde a data de constitución do centro, e deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores, xerentes ou técnicos, por un período máximo dun ano.

-Auditorías e informes económicos sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa.

-Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que pola súa natureza teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.

A asistencia técnica poderá ser subvencionada ata o 50% do seu custo.

b) Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-lo emprego nos centros especiais de emprego, mediante a reducción dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención será, como máximo, de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, pagadoira dunha soa vez, en contía calculada como se a subvención se devengase cada ano da duración deste, incluído o posible período de carencia.

En ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poderá resultar inferior a un punto.

c) Subvención en función do investimento en activo fixo.

Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda calculada en función do investimento en activo fixo.

2. As iniciativas e proxectos referentes ós centros especiais de emprego que soliciten os beneficios recollidos no número anterior, deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supoñe-la creación de emprego estable, non podendo superar, entre os tres tipos de axudas, a contía de doce mil vinte euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido para traballadores con discapacidade contratados no último trimestre do ano 2001 ou no ano 2002, agás nos supostos nos que concorrendo causas excepcionais así o autorice a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para a determinación da contía das axudas valorarase, entre outros, a porcentaxe de traballadores minusválidos respecto do total do cadro de persoal do centro especial de emprego, só se poderá acada-la contía máxima da subvención cando o número de traballadores con discapacidade supere o 90% do cadro de persoal.

Tamén se poderá acada-la dita contía cando o número de minusválidos supere o límite mínimo legal (70%) e se complete o cadro de persoal ata supera-lo 90% coa contratación doutros colectivos en risco de exclusión social. A situación de exclusión social deberá acreditarse documentalmente e, para os efectos, entenderase por colectivos na dita situación os seguintes: os perceptores da renda de integración social de Galicia, ou membros da súa unidade familiar en desemprego; persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados; penados ou ex-reclusos; mulleres procedentes de casas de acollida; mozos/as que estean ou estivesen, ata a súa maioría de idade, baixo tutela ou garda da Administración autonómica; inmigrantes e persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías cunhas características que poidan condiciona-las súas posibilidades de integración social.

Para os efectos de determina-la porcentaxe de traballadores minusválidos, non se computará o persoal non minusválido dedicado á prestación de servicios de axuste persoal e social, así como o que preste servicios naquelas actividades ou postos de traballo específicos que, pola súa propia natureza ou complexidade, non poidan ser desempeñados por persoas minusválidas.

Entenderanse por servicios de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que procuren ó traballador minusválido do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.

Quinta.-Mantemento de centros especiais de emprego.

Para o mantemento de postos de traballo de carácter estable, ocupados por minusválidos con contrato indefinido, nos centros especiais de emprego establécense as seguintes axudas:

a) Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidade profesional, e as cotas de recadación conxunta. Estas bonificacións serán deducidas directamente polos centros especiais de emprego das cotas que se liquidarán mensualmente á Seguridade Social, logo da autorización administrativa da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A autorización deberá renovarse cada vez que se produzan novas contratacións e cando realicen alteracións ou modificacións dos contratos.

A concesión desta axuda será comunicada, ademais de ós beneficiarios, á Seguridade Social.

b) Subvencións do custo salarial correspondente ós postos de traballo de carácter estable ocupados por persoas con discapacidade con contrato indefinido que realicen unha xornada de traballo laboral normal e que estean en alta na Seguridade Social, ata un importe máximo do 50% do salario mínimo interprofesional. No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha reducción proporcional á xornada laboral realizada.

c) Subvencións para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas por un importe non superior ó custo real e, en todo caso, cunha contía máxima de mil oitocentos tres euros por posto de traballo.

d) Subvención por unha soa vez destinada a equilibrar e sanear financeiramente ós centros especiais de emprego co fin de logra-la súa reestructuración para alcanzar niveis de productividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.

e) Subvención dirixida a equilibra-lo orzamento nos centros especiais de emprego que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindibles polo labor que realizan.

Non se poderán conceder subvencións para equilibrio orzamentario cando os resultados económicos adversos deriven dunha xestión deficiente do centro.

Sexta.-Criterios de gradación das axudas.

As subvencións e axudas graduaranse en función do rendemento económico e social do centro; da actividade económica desenvolvida, con especial preferencia das encadrables no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación; da dimensión, estructura, titularidade do centro e da presencia ou non de ánimo de lucro; da composición do seu cadro de persoal, con especial atención á proporción de traballadores minusválidos respecto do total no centro especial de emprego, así como á natureza e grao de minusvalidez dos seus compoñentes en relación coa súa capacidade productiva

e de adaptación ó posto de traballo que desempeñen; da modalidade e condicións dos contratos subscritos e das cotizacións dos traballadores minusválidos do centro; das variables económicas que concorran no centro en relación co seu obxecto e función social; da proporcionalidade e relación do investimento realizado cos postos de traballo que se crean; dos servicios de axuste persoal e social que preste o centro ós seus traballadores minusválidos; así como en función dos mecanismos e actuacións desenvolvidas polo centro especial de emprego para favorece-lo paso ó emprego ordinario en atención ó tipo e grao de minusvalidez dos traballadores do centro; e só alcanzarán o seu grao máximo cando os contratos dos ditos traballadores sexan indefinidos e a tempo completo.

Solicitudes, documentación e xustificación

Sétima.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos ó presente programa e deberán ir acompañadas, por exemplar duplicado, e un deles será orixinal ou copia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas:

a) Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

b) Certificación da inscrición do centro especial de emprego, ou, no seu defecto solicitude de inscrición.

c) Memoria sucinta en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade, agás nas solicitudes de subvención ó custo salarial e de bonificación de cotas á Seguridade Social.

d) Certificación da relación nominal dos traballadores do centro especial de emprego con indicación daqueles que hai que ter en conta para o cálculo da subvención; agás no caso de axudas ó mantemento de centros especiais de emprego, nos que se xuntará unha relación nominal dos traballadores con discapacidade polos que se solicita subvención.

e) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XVIII).

f) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XX).

g) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base oitava, parágrafo 1º, punto A, letra d) deste anexo (segundo o modelo do anexo XIX).

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Cando se trate da modalidade de contratación o currículum vitae da persoa que vai presta-lo servicio.

b) E, cando se trate de estudios ou de asesoramento, o orzamento detallado e un índice do seu contido, así como a memoria da entidade ou o currículum vitae da persoa que realice o estudio ou asesoramento.

3. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade súa e na que deberá constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade da información.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XXI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

c) Facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán co préstamo.

4. Documentación específica para as subvencións en función do investimento en activo fixo:

a) Memoria ampliada do proxecto e antecedentes na que deberá constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade da información.

b) Detalle do plan de investimentos en activos fixos (incluír facturas pro forma e orzamentos)

c) Estudio económico-financeiro de viabilidade do proxecto.

d) Balance de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

5. Documentación específica para bonificacións de cotas á Seguridade Social e para a subvención do custo salarial:

a) Fotocopia compulsada dos documentos TC1 e TC2 do último mes ingresado, conforme as normas de cotización da Seguridade Social, inmediatamente anterior ó da mensualidade pola que se solicita a axuda do custo salarial.

b) Coa primeira solicitude xuntarase, ademais, a documentación do cadro de persoal de traballadores con discapacidade: contrato de traballo e parte de alta na Seguridade Social de cada traballador e nómina/s. Nos meses sucesivos presentaranse a/as nómi

na/s correspondentes á mensualidade pola que se solicita a axuda e, en casos de altas, a documentación anterior correspondente ós novos traballadores contratados.

Tanto na primeira solicitude como nas sucesivas, a documentación ten que vir xunto cunha relación nominal dos traballadores con discapacidade polos que se solicita a subvención.

6. Documentación específica para a subvención de adaptación de postos de traballo:

Orzamento e facturas pro forma ou facturas do investimento que se vai realizar.

7. Documentación específica para as subvencións de saneamento financeiro ou equilibrio orzamentario:

-Memoria explicativa do desequilibrio económico ou orzamentario e a súa orixe: antecedentes do centro.

-Estudio económico-financeiro de viabilidade.

-Balances de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

Oitava.-Pagamento e xustificación.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación común e da específica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación común:

a) Certificación da inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego, de non achegarse con anterioridade.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

Cando se trate da subvención do custo salarial, a documentación sinalada nos puntos c) e d) terá que achegarse xunto coa primeira solicitude, e logo, renovarase nas mensualidades nas que perdan vixencia os documentos acreditativos correspondentes de non achegar coa solicitude a antedita autorización.

e) Declaración complementaria do establecido na base sétima, 1, e) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

B. Documentación específica:

a) Cando se trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) Cando se trate dalgunha das axudas recollidas na base cuarta deste anexo, achegarase documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade Social, das persoas con discapacidade que ocupan os novos postos de traballo creados con carácter estable.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, común ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do interesado.

3. Cando se soliciten e concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

Nas sucesivas solicitudes de bonificación de cotas á Seguridade Social e para a subvención do custo salarial, de carácter mensual, a documentación, que xa figura na correspondente delegación provincial, non terá que presentarse mensualmente mentres manteña a súa validez.

Novena.-Bonificación de cotas á Seguridade Social e subvención do custo salarial: prazos.

As bonificacións e subvencións recollidas nas letras a) e b) da base quinta deste anexo non están suxeitas ó exercicio económico anual, e as solicitudes de ámbolos dous tipos de axuda presentaranse, de se-lo caso, conxuntamente e tramitaranse como un único expediente administrativo, no que logo de dictarse resolución de concesión da axuda ó custo salarial, se é o caso, se autorizará a bonificación de cotas á Seguridade Social. A dita autorización correspóndelle ó director xeral de Fomento do Emprego.

O prazo para a presentación das solicitudes para a bonificación de cotas á Seguridade Social e da subvención do custo salarial permanecerá aberto ata o último día hábil do mes seguinte ó da mensualidade obxecto da axuda do custo salarial.

ANEXO D

Programa de promoción do emprego autónomo

das persoas con discapacidade

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

A finalidade deste programa é promove-la integración laboral das persoas con discapacidade mediante o financiamento daqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo a traballadores minusválidos desempregados que pretendan desenvolve-la súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos ou por conta propia.

Segunda.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas os traballadores con discapacidade en situación de desemprego, inscritos como tales no Servicio Público de Emprego, e que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución, en traballadores autónomos por conta propia:

-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

-Non percibisen subvencións ó abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

-Non desenvolvesen como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores autónomos en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

2. Para os efectos deste programa, tamén terán a consideración de beneficiarios os que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e realicen un traballo por conta allea cunha prestación de servicios inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais, e sempre que cumpran as condicións establecidas no punto anterior.

3. Para os efectos desta orde, entenderase como data de inicio da actividade laboral a da alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade inclúense os seguintes tipos de axuda:

-Subvención financeira.

-Rendas para o inicio da actividade.

-Subvención en función do investimento en activo fixo.

Cuarta.-Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-la creación do propio posto de traballo, mediante a reducción dos xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo podendo destinarse ata un 25% a financia-lo activo circulante. Os ditos préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Esta subvención será, como máximo, de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 4.507 euros agás casos excepcionais expresamente autorizados pola conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Quinta.-Rendas para o inicio da actividade.

Poderán concederse subvencións de ata 3.606 euros, en concepto de renda para o inicio da actividade para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que non medien máis de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional ata a data da solicitude desta subvención. Non obstante o anterior, no caso de que a alta se producise no último trimestre do ano anterior ó presente exercicio orzamentario, ou no ano 2002 antes da entrada en vigor desta orde, de acordo co establecido na disposición adicional quinta, o prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2002.

Con carácter xeral, a contía da renda para o inicio da actividade non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente acreditado.

No caso de que o beneficiario desta renda sexa unha muller, a dita porcentaxe será do 60% e o límite máximo da subvención incrementarase ata 4.808 euros.

Con carácter excepcional, cando concorran razóns de interese social e circunstancias especiais para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderán concederse axudas en concepto de rendas para o inicio da actividade por unha contía máxima de 1.202 euros, sen necesidade de acreditar investimento en activo fixo.

Sexta.-Subvencións en función do investimento en activo fixo.

Poderá concederse unha subvención de ata un importe de 3.906 euros pola creación do seu posto de traballo, calculada en función do investimento en activo fixo.

Solicitudes, documentación e xustificación

Sétima.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo desta orde, e deberán ir acompañadas, por exemplar duplicado, e un deles será orixinal ou fotocopia compulsada, da seguinte documentación:

a) DNI e acreditación do NIF do solicitante.

b) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

De se-lo caso, certificado do colexio profesional dos períodos de alta na mutualidade colexial, con indicación de se presupoñen ou non exercicio da actividade.

c) Alta no imposto de actividades económicas e no correspondente réxime da Seguridade Social -especial de autónomos ou no do mar como traballadores por conta propia-ou, de se-lo caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No seu defecto, compromiso de constituírse como traballador autónomo dentro do ano natural.

d) Memoria económica do proxecto empresarial, que inclúa orzamento de investimento e o plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, xunto con facturas ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamento dos activos que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes.

e) Nos casos en que se solicite subvención financeira, xuntarase o compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XXI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

f) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XVIII).

g) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XX).

h) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establece na base oitava parágrafo 1º, punto A, letra d, deste anexo (segundo o modelo do anexo XIX).

Oitava.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación común e específica que se relaciona nos puntos seguintes:

a) Alta no IAE e alta no réxime especial de autónomos da Seguridade Social ou no réxime especial do mar como traballadores por conta propia ou en mutualidade de colexio profesional, de non telo presentado con anterioridade.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningun concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo XIX para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

e) Declaración complementaria do establecido na base sétima, f) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

f) Cando se trate da subvención financeira xuntarase copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude á opción do interesado.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude