Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 6 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 14 de febreiro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Declarar deserto o posto que se cita no anexo desta orde.
Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante, ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
ANEXO
Denominación do posto: interventor delegado da Consellería de Política Agroalimentaria.
Código do posto: EFC030001115770001.
Nivel: 30.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.
CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,
MULLER E XUVENTUDE