A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contratar servicios de ambulancias.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 30 de abril de 2002 (incluído).
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es/contratacion, desde o día 15 ata o 30 de abril de 2002 (incluídos). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono: 981 54 67 64.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.
Rosa Álvarez de Blas
Directora de Sestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061