Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE TURÍSTICA DOS CONCELLOS DO CARBALLIÑO, RIBADAVIA, BOBORÁS E LEIRO

EDICTO.

No BOP de Ourense nº 72, do 30 de marzo de 2002, publícase edicto desta mancomunidade turística polo que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación das seguintes obras:

1. Acondicionamento e rehabilitación de inmobles para turismo rural en Pazos do Arenteiro (inmoble nº 1).

Orzamento: 105.752,58 euros co IVE incluído.

2. Área recreativa de Pena Corneira.

Orzamento: 115.967,76 euros co IVE incluído.

3. Proxecto de embelecemento da ribeira do río Arenteiro.

Orzamento: 34.666,37 euros co IVE incluído.

4. Proxecto de embelecemento da praza da Mina.

Orzamento: 40.467,34 euros co IVE incluído.

5. Proxecto de acondicionamento do contorno do acceso ó Gran Balneario.

Orzamento: 40.467,34 euros co IVE incluído.

6. Sinalización turística do Concello de Ribadavia, sinalización integral do núcleo histórico.

Orzamento: 119.483,91 euros co IVE incluído.

O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

O modelo de proposición, prego de cláusulas administrativas, proxectos técnicos e demais documentación está á disposición dos interesados nas oficinas muni-

cipais ou na Copistería Copy Rober, rúa Camiño Caneiro nº 20, 32004 Ourense. Teléfono 988 22 46 28.

Leiro, 3 de abril de 2002.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente da Mancomunidade Turística

dos Concellos do Carballiño, Ribadavia,

Boborás e Leiro