Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.852

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ADQUISICIÓN de mobiliario.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa adquirir diverso mobiliario.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 24 de abril de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es/contratacion, desde o día 12 ata o 24 de abril de 2002 (incluídos). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono: 981 54 67 64.

Os gastos dos anuncios serán a cargo dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2002.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061