Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina Municipal de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do servicio: concesión da xestión do servicio de mantemento e conservación da iluminación pública municipal do Concello de Ribeira.

Duración: dez anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: ordinaria.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 164.550 euros anuais (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 3.291 euros.

Definitiva: 4% do prezo en que resulte adxudicado o contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). CP 15960.

Teléfono: 981 83 54 17. Extensión 214.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo,

este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira.

Modelo de proposición: véxase a cláusula 10ª do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 11ª do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Riveira, 8 de abril de 2002.

José Luis Torres Colomer

O alcalde