Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da execución de sentencia sobre o estudio de detalle do cuarteirón número 96 do PEEC. (Expediente 2543/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 25 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Executa-la sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 686/1996, do 10 de outubro de 1996, dictada no recurso contencioso-administrativo número 2/5580/1994, tendo por anulado parcialmente o estudio de detalle do cuarteirón 96 do PEEC, entre as rúas Paraguai, México, Brasil e Vázquez Varela, no que se refire á creación dun aproveitamento público interior e de dous accesos a este (expediente 2543/411).

Segundo.-Confirma-lo referido estudio de detalle en tódolos demais extremos do seu contido non cuestionados pola sentencia, coa conseguinte aprobación da ficha de características do cuarteirón resultante, que se une este acordo e que substituirá a anulada por ela.

Terceiro.-Publíquese este acordo no BOP e no DOG. Notifíqueselle-lo seu contido íntegro ó TSXG, CPTOPV e demandantes, na forma legalmente prevista. Comuníqueselles ós departamentos de Información, Licencias e Barrios Históricos da Xerencia de Urbanismo, así como ó de Asesoría Xurídica do concello».

O que se fai público para xeral coñecemento na forma legalmente establecida.

Vigo, 6 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo