Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación do seguro de responsabilidade civil e patrimonial y accidentes colectivos para o Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Réxime Interior.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso mediante procedemento aberto para contrata-lo seguro de responsabilidade civil e patrimonial e accidentes colectivos para o Concello de Ourense.

b) Prazo de execución: 1 ano prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación, IVE incluído.

a) Responsabilidade civil/patrimonial: 162.275 euros.

b) Accidentes para o personal dependente: 60.101 euros.

5. Garantías.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concellería de Réxime Interior.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 31.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas o extranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estan incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade e que reúnan os requisitos específicos nas correspondentes bases.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Data e hora: ás doce horas do seguinte día hábil despois do vencemento do prazo de presentación de proposicións, se fose sábado ou houbese pleno terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de abril de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde