Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO sobre concesión administrativa.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 3/2002. Obxecto do contrato: a xestión mediante concesión administrativa dun albergue turístico hípico e picadeiro en Sabucedo. Duración do contrato: 8 anos, non comprendendo execución de obras nin achega de mobles. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Canon de explotación: 1º e 2º ano: 1.081,8 euros; 3º ano: 1.442,4 euros; 4º ano: 1.803 euros; 5º ano: 2.163,6 euros; 6º ano: 2.524,2 euros; 7º ano: 2.884,8 euros; 8º ano: 3.245,4 euros. Tódalas cantidades son anuais sen IVE incluído. Garantía provisional: non se esixe. Obtención de documentación e información: no Concello da Estrada, praza da Constitución nº 1, teléfono: 986 57 01 65, ext. 320.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello excluídos os días festivos, de 9 a 13 horas durante vinteseis días naturais contados a partir da inserción deste anuncio. Apertura das ofertas ás 13 horas do día seguinte hábil, excluídos sábados, a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Pregos íntegros publicados no BOP de Pontevedra nº 33, con data do 15-2-2002. Poden obterse copias na Secretaría Xeral ou solicitándoas por fax.

A Estrada, 21 de febreiro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde