Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se notifican resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-85/080, conta 2 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta)

que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, se procederá ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e con auxilio das forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírtese ós interesados de que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recargo do 10% así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Mª Carmen Álvarez Rodríguez e herdeiros.

Expte.: C-85/080 (desafiuzamento F.P. 96/01).

Conta: 2.

Rúa Doctor Enrique Hervada, 1-1º A (A Coruña).

Importe débeda: 13.940,78 euros.

-Antonio Moreira Croque e herdeiros.

Expte.: C-85/080 (desafiuzamento 99/01).

Conta: 15.

R/ Doctor Enrique Hervada, 2-2º B (A Coruña).

Importe débeda: 12.761,04 euros.