Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acor

da darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición do equipamento de moblaxe clínica con destino o Hospital Comarcal da Costa de Burela-Lugo (11 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-51/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe clínica.

c) Lote: 11 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 155, do 10 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

5. Importe total: catorce millóns oitocentas corenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (14.845.000 pesetas, 89.220,25 A).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Estantes e armarios1.695.000 ptas.10.187,16 A

2Carros sanitarios2.355.000 ptas14.153,84 A

3Mobiliario clínico898.000 ptas.5.397,09 A

4Mesas instrumental1.512.000 ptas.9.087,30 A

5Negatoscopios292.000 ptas.1.754,96 A

6Angarella de transporte847.500 ptas.5.093,58 A

7Cadeira de brazos de doente720.000 ptas.4.327,29 A

8Cadeira de brazos cirúrxica325.000 ptas.1.953,29 A

9Mobiliario clínico esterilización3.093.500 ptas.18.592,31 A

10Carros esterilización2.400.000 ptas.14.424,29 A

11Mesas esterilización707.000 ptas.4.249,16 A

Adxudicacións:

Lote 1: equipamento estantes e armarios.

Lote 10: equipamento mesas esterilización.

a) Data: 6 de novembro de 2001.

b) Contratista: Productos Odan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: tres millóns cincuenta e unha mil pesetas, IVE incluído (3.051.000 pesetas, 18.051,88 A).

Lote 2: equipamento carros sanitarios.

Lote 4: mesas instrumental.

a) Data: 3 de decembro de 2001.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario Clínico, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: tres millóns cento setenta e oito mil seiscentas dez pesetas, IVE incluído (3.178.610 pesetas, 19.103,83 A).

Lote 3: equipamento de moblaxe clínica.

a) Data: 6 de novembro de 2001.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: oitocentas trinta mil cincocentas pesetas, IVE incluído (830.500 pesetas, 4.991,41 A).

Lote 5: equipamento negatoscopios.

Deserto.

Lote 6: equipamento angarella de transporte.

a) Data: 30 de novembro de 2001.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: seiscentas noventa mil pesetas, IVE incluído (690.000 pesetas, 4.146,98 A).

Lote 7: equipamento cadeira de brazos de doente.

Lote 8: equipamento cadeira de brazos cirúrxica.

Deserto

Lote 9: equip. mobiliario clínico esterilización.

a) Data: 6 de novembro de 2001.

b) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns oitenta mil trescentas noventa e catro pesetas, IVE incluído (3.080.394 pesetas, 18.513,54 A).

Lote 11: equipamento mesas esterilización.

a) Data: 6 de novembro de 2001.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seiscentas sesenta e dúas mil pesetas, IVE incluído (662.000 pesetas, 3.978,70 A).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución

pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2002.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos