Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se notifican resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-5-IV/75, conta 24).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común, e o amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as

resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase o lanzamento da vivenda por funcionario nomeado o efecto e con auxilio das forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locales.

Advírteselles ós interesados que, conforme ó establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da Comunidade que tiveran pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción. E para que así conste, expido, firmo e selo esta cédula na Coruña o 12 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Rosa Ares Otero e herdeiros de Ángel López Rodríguez.

Expte.: C-5-IV/75 (desafiuzamento F.P. 95/01).

Conta: 24.

R/ Irmandiños 7, bloque 1, 4º esq., Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 7.048,89 euros.