Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de marzo de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título número 1/2002.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para isto, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite e seguirá o seu curso o expediente.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado poal Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de marzo de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 1/02 (ocupación sen título).

Expedientados: Nicolás Camacho Giménez, Joaquín Camacho Barrul e outros.

Último domicilio coñecido: Fonte da Greza, 17, bloque 25, P-3, 3º C, Polígono de Esteiro-Telleiras (Ferrol).

Expte.: C-85/200, conta 20.