Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 163/01P e dous máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e mais ó seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiránselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 28 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU 163/01P.

Denunciado: Miguel Ángel Norte Escudero.

DNI: 21371053.

Último enderezo coñecido: r/ Monte Penamá, nº 30, 1º A (Ourense).

Feito probado: pescar empregando cebo natural (becho vermello), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 30,05 euros.

-Expediente: OU 167/01P.

Denunciado: Tomás Rodríguez Justo.

DNI: 76704967.

Último enderezo coñecido: Alameda, 37, Verín (Ourense).

Feito probado: pescar empregando cebo natural (Asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 30,05 euros.

-Expediente: OU 171/01P.

Denunciado: José Carlos Feijóo Sousa.

DNI: 8215504.

ültimo enderezo coñecido: Santa María Maior, Chaves (Portugal).

Feito probado: pescar empregando cebo natural (Asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 30,05 euros.