Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da Empresa Pereira, S.L.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Empresa Pereira, S.L., con nº de código 3601842, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-2-2002, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 21-1-2002. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

José Agustín Pereira Fernández, xerente da Empresa Pereira, S.L.

Manuel Cores Santiago, delegado de persoal (UGT).

En Vilagarcía de Arousa, sendo as 10 horas do día 21 de xaneiro de 2002 reúnense nos locais da Empresa Pereira, S.L., sitos nas rúas Santa Eulalia 17 de Vilagarcía de Arousa, o representante dos traballadores e a dirección da empresa, para proceder á revisión anual do convenio colectivo para a dita empresa e a súa adaptación ó euro.

Aberta a sesión, as partes dan a coñece-las súas respectivas representacións. Pola empresa, José Agustín Pereira Fernández, xerente dela, e polos traballadores, Manuel Cores Santiago, delegado de persoal por UGT.

De acordo co artigo 3 do convenio colectivo en vigor para a dita empresa, ó non ter sido denunciado este en tempo e forma, procede aplica-lo artigo 86 do Estatuto dos traballadores, prorrogándoo ata o 31-12-2002 e incrementando para o ano 2002 tódolos conceptos salariais nunha porcentaxe igual ó IPC do ano 2001 máis un punto. Como o IPC real do ano 2001 foi do 2,7% modifícanse, incrementando nun 3,7% os conceptos salariais dos artigos 9, 10 e 12 do texto, así como a táboa salarial. Inclúense como anexos a esta acta os novos textos e a táboa salarial, así como a transformación en euros de tódolos conceptos de diñeiro.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás doce horas do día e no lugar arriba indicados, dos que as partes dan fe.

José Agustín Pereira Fernández, xerente da Empresa Pereira, S.L.

Manuel Cores Santiago, delegado de persoal UGT.

Artigo 9º.-Complemento de quebranto de moeda.

O conductor-perceptor o día que realice un mínimo de dúas horas da súa xornada laboral as funcións de conductor e cobrador percibirá un complemento de 0,75 euros en concepto de quebranto de moeda.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Como compensación dos gastos que o persoal da empresa ten que efectuar para trasladarse ó centro de traballo, establécese un complemento de trans

porte para tódalas categorías profesionais de 1,12 euros por cada día efectivo traballado.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, que por necesidades do servicio sexan traballados, e cando o descanso se produza outro día da semana, aboaranse coa cantidade de 12,92 euros a cada traballador, independentemente da súa antigüidade e categoría profesional.

No caso de que excepcionalmente non se puidese desfrutar este descanso, en cómputo mensual, cobrarase co incremento do 140%.

Táboa salarial (1 de xaneiro de 2002)

Xefe de persoal825,74 A/mes6,72 A/hora
Xefe de tráfico825,74 A/mes6,72 A/hora
Administrativo753,30 A/mes6,21 A/hora
Auxiliar administrativo662,53 A/mes5,57 A/hora
Inspector22,56 A/día 6,12 A/hora
Conductor22,36 A/día 5,85 A/hora
Conductor perceptor22,36 A/día 5,85 A/hora
Cobrador19,24 A/día 5,56 A/hora
Mecánico oficial 1ª22,56 A/día 6,12 A/hora
Mecánico oficial 2ª20,36 A/día 5,56 A/hora
Mozo19,38 A/día 5,56 A/hora
Engraxador/lavacoches19,38 A/día 5,56 A/hora