Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Escudo Servicios Generales, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Escudo Servicios Generales, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa Escudo Servicios Generales, S.L., e, da parte social polo delegado de persoal o día 30-1-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na cidade da Coruña o 30 de xaneiro de 2002, no domicilio social da entidade Escudo Servicios Generales, S.L., reunidos Juan Antonio Quiroga Lage, maior de idade, con documento nacional de identidade número 32294774-Z, actuando na súa condición de administrador solidario, e Javier Sánchez Sánchez, maior de idade, con documento nacional de identidade número 32784728-T, na súa condición de representante dos traballadores da empresa, elixido o día 9 de novembro do ano 2000, inscrito no SMAC o día 16 de novembro do ano 2000, para trata-las retribucións e outros aspectos referidos ó ano 2002.

Acordan:

1º Incrementa-lo salario base nun 3% para tódalas categorías.

2º O complemento de transporte e o complemento de vestiario pasa as novas contías de 60,52 euros e 24,04 euros, repectivamente, agás as categorías de: conductor, repartidor, peón, mozo e axudante, nas que a contía será de 12,02 euros, no complemento de vestiario.

3º As pagas extras serán de 30 días de salario base máis complemento de transporte e complemento de vestiario.

4º A antigüidade increméntase na contía do IPC real.

5º Establécense os complementos de Noiteboa e de fin de ano en 30,05 euros c/u.

6º As horas extras increméntanse nun 7,69% para a categoría de controlador.

7º Modifícase o punto f) do artigo 29 do convenio, establecendo o prazo en 4 días.

8º A hora nocturna valórase en 0,48 euros.

9º Acórdase o incremento para o ano 2003 do IPC máis 1 punto, agás no relativo a horas extras e nocturnidade, que serán tratados dentro dos dous primeiros meses do ano 2003.

Os acordos tomados entrarán en vigor, con independencia da súa publicación no DOG, o 1 de xaneiro de 2002.