Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía de data 15 de febreiro de 2002, o estudio de detalle para ordenación de volumes así como establecer criterios de aliñacións e rasantes no predio Freiría situada no Paseo da Magdalena en San Martiño do Porto, segundo proxecto redactado pola arquitecto

Myriam Goluboff Scheps e promovido por José Etcheverría Rey.

De acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente instruído para o efecto sométese a información pública na secretaría do concello polo prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no DOG, co obxecto de que poida examinarse e, se é o caso, formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Cabanas, 18 de febreiro de 2002.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa