Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Por acordo da Comisión Municipal de Goberno deste concello do 22 de febreiro 2002 aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura prevista polas normas subsidiarias municipais na U.A. 2, rúa que comunicará as de Montero Ríos e Matilde Bares e que, así mesmo, transcorrerá polas denominadas zonas urbanas de Matilde Bares e Montero Ríos, redactado polo arquitecto Celestino García Braña e cun orzamento final de 120.848.785 pesetas.

Xa que logo, e de conformidade co previsto no artigo 44 da Lei do solo de Galicia e demais lexislación aplicable, sométese o expediente a exposición pública durante un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns ou diarios no que deba de selo (DOG, BOP e Diario de Pontevedra), co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou propostas que se consideren convenientes.

Para tal fin, o expediente estará á súa disposición no Departamento de Urbanismo deste concello no horario de oficina, para o seu exame e consulta.

Bueu, 27 de febreiro de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde