Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Miguel Ángel Roa López e Outros solicitou desta Alcaldía a aprobación do proxecto de compensación presentado para o desenvolvemento do estudio de

detalle aprobado definitivamente polo Pleno municipal en sesión do 10 de maio de 2001, correspondente a unha parcela sita no lugar de Gandarío, da parroquia de Ouces, neste concello.

Co fin de dar cumprimento ó establecido no artigo 102, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente orixinado a información pública, que pode ser examinado na secretaría deste concello: Servicio de Urbanismo, nun prazo de vinte días hábiles que comezarán a contar desde o seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, podendo no citado período presentar, contra el, as alegacións que consideren pertinentes.

Bergondo, 18 de marzo de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente